Un total de 150 municipios dos 542 que conforman a Comunidade Valenciana solicitou o cambio da súa denominación oficial pola forma exclusiva en valenciano, segundo informa a Generalitat.
Fonte: ABC
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un total de 150 municipios dos 542 que conforman a Comunidade Valenciana solicitou o cambio da súa denominación oficial pola forma exclusiva en valenciano, segundo informa a Generalitat.
Fonte: ABC
Os escolares vascos melloraron os seus resultados en éuscaro e castelán, segundo os datos recollidos na avaliación diagnóstica realizada a alumnos de cuarto de Primaria e segundo da ESO.
Fonte: El Correo
A Plataforma pola Lingua anunciou no informeCAT que o catalán é a décimo cuarta lingua máis falada da Unión Europea con case 10 millóns de falantes e a vixésimo sétima con máis importancia económica.
Fonte: El Mundo
Os votantes letóns rexeitaron masivamente a proposta que pretendía adoptar o ruso como segunda lingua oficial de Letonia, frustrando un referendo que puxo de relevo as tensións étnicas e políticas que aínda permanecen no país báltico máis de vinte anos despois do derrubamento da Unión Soviética.
Fonte: The New York Times
Os Países Baixos perderán o único curso universitario de portugués existente no país xa que a Facultade de Humanidades da Universidade de Utrecht pretende pechar o centro de estudos portugueses en 2014.
Fonte: RNW
Co obxectivo de fortalecer a lingua guaraní e incorporala ao contexto latinoamericano, a Universidade Federal da Integración Latinoamericana (UNILA) do Brasil ofrecerá a partir de agora clases de guaraní como materia obrigatoria a todos os alumnos do curso de Letras, Arte e Mediación cultural.
Fonte: Click Foz do Iguaçu
Catro consellos rexionais sumáronse á Carta de cooperación interrexional e transfronteiriza para o desenvolvemento da lingua occitana. O texto salienta a cooperación de todos os territorios de fala occitana para garantir o futuro da lingua.
Fonte: Nationalia
Co gallo do Día Internacional da Lingua Materna, terá lugar en Temuco, a capital da rexión chilena de Araucania, unha mobilización para esixir a protección da lingua mapuche. As organizacións convocantes defenden a necesidade de garantir a oficialización da lingua na rexión.
Fonte: Mapuexpress
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo un encontro institucional coa primeira tenente de alcalde do Concello de Vilagarcía de Arousa, Marta Rodríguez Arias, no que puideron compartir os intereses dos gobernos autonómicos e local a prol da extensión social da lingua galega.
Fonte: Xunta de Galicia
O colectivo Conceyu Abiertu por Noreña vén de anunciar a presentación dunha proposta de ordenanza municipal para o uso da lingua asturiana no concello.
Fonte: Info Asturies
Subscríbase ao boletín