O cantón de Zug, en Suíza, aprobou novas normas para a obtención da cidadanía, que inclúen esixencias máis estritas en canto ao dominio do idioma local.
Fonte: The Local
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O cantón de Zug, en Suíza, aprobou novas normas para a obtención da cidadanía, que inclúen esixencias máis estritas en canto ao dominio do idioma local.
Fonte: The Local
A rede de escolas de inmersión en catalán na Cataluña Norte, La Bressola, advirte de que a falta de apoio económico das administracións rexionais pon en risco a súa continuidade. A entidade insta as autoridades a actuaren nos próximos cincuenta días para evitar peches de liñas educativas.
Fonte: Diari de la Llengua
Vilalba acollerá o I Campus de Regueifa RegueiNov+s – Regueifesta do 17 ao 19 de xaneiro, dirixido a mozos e mozas de entre 12 e 16 anos. Este evento busca fortalecer a regueifa como ferramenta cultural e lingüística a través de actividades como palestras, obradoiros..., que destacan o seu papel na normalización do galego.
O Concello de Ondara, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, lanzou a campaña para promover o uso do valenciano como lingua base de ensino na consulta educativa prevista para finais de xaneiro de 2025. A iniciativa inclúe un vídeo informativo difundido nas redes sociais para destacar os beneficios do ensino en valenciano e animar as familias a escolleren esta opción.
A finais de 2024 chegaron ao mercado dous novos xogos de cartas en galego: Feminismos no Tempo, que engade unha terceira entrega sobre acontecementos do feminismo galego, e Máis Galiza no Tempo, centrado na historia de Galicia. Ambos os xogos inclúen 55 cartas e permiten combinar as novas barallas coas anteriores entregas de ambos os proxectos para crear unha experiencia de xogo unificada e enriquecida.
O Festival Internacional de Documental Etnográfico de Sobrarbe, Espiello, convoca a oitava edición dos Premios Agora x l’aragonés, destinados a recoñecer as mellores obras audiovisuais en lingua aragonesa. Con dúas categorías (xeral e escolar), os galardóns buscan promover a creación, visibilizar esta lingua e difundir o seu patrimonio cultural.
O presidente de Lituania, Gitanas Nauseda, advirte de que recoñecer o catalán como lingua oficial da UE podería xerar un precedente para outras linguas rexionais, complicando a política lingüística do bloque comunitario.
Fonte: Catalan News
Os sindicatos educativos e unha comisión do Parlamento do País de Gales demandan máis detalles e recursos para garantir que os estudantes de 16 anos falen galés con fluidez en 2050.
Fonte: BBC
FITUR Lingua celebrará o 22 de xaneiro unha xornada dedicada ao turismo idiomático, na que se destacará o idioma como recurso turístico e motor cultural, educativo e económico. O evento incluirá relatorios e mesas de debate sobre retos, políticas públicas e casos de éxito. Tamén ofrecerá unha área de networking para promover sinerxías no sector lingüístico.
O Concello de Bilbao impulsa unha nova edición de Ikusi eta Ikasi, programa de lecer familiar en éuscaro que celebra 22 anos de actividade. Con 64 propostas para menores de 2 a 11 anos, inclúe sesións específicas para os máis pequenos e as súas familias. A inscrición está aberta do 13 ao 27 de xaneiro na web oficial do programa.
Subscríbase ao boletín