Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de xaneiro de 2012

    A Consellería de Educación impulsou o bilingüismo en francés en Castela e León, con formación específica para docentes, intercambio de alumnos e profesores e programas de mobilidade estudantil.

    Fonte: ABC

    09 de xaneiro de 2012

    A comunidade de falantes de gaélico irlandés da República de Irlanda instou o Goberno a abandonar as propostas que pretenden fusionar as funcións do comisario de lingua irlandesa coa oficina do Valedor do Pobo de Irlanda.

    Fonte: The Journal

    09 de xaneiro de 2012

    Simon Brooks, académico e activista da Universidade de Cardiff, afirma que é preciso fundar un novo grupo de presión a prol da lingua galesa para satisfacer os retos actuais de Gales.

    Fonte: Wales Online

    09 de xaneiro de 2012

    A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica está a mellorar o servizo de videointerpretación en lingua de signos para persoas xordas que se ofrece de xeito presencial no Rexistro Xeral da Xunta e das delegacións e a través do portal corporativo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    09 de xaneiro de 2012

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística premia cinco centros educativos de Galicia polo seu labor innovador en dinamización lingüística. Trátase do CPI Dr. López Suárez do Saviñao, do IES Félix Muriel de Rianxo, do IES Rodeira de Cangas, do IES Perdouro de Burela e do IES As Bizocas do Grove.

    Fonte: Xunta de Galicia

    09 de xaneiro de 2012

    O Concello de Llodio ofrecerá ao longo de todo o ano actividades lúdicas en éuscaro para nenos e mozos a través dos programas Sorgin Zapatuak e Oxigeno Euskarari.

    Fonte: El Correo

    09 de xaneiro de 2012

    A Consellería de Educación, Formación e Emprego ampliará a oferta de formación en linguas estranxeiras para os docentes da Comunidade Valenciana durante a segunda metade do curso para atender a crecente demanda do profesorado.

    Fonte: ABC

    08 de xaneiro de 2012

    O director xeral da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), José Graziano da Silva, afirmou que, dadas as actuais restricións financeiras, a organización non debería rexistrar cambio ningún na súa lista de linguas oficiais nun futuro próximo.

    Fonte: Jornal do Brasil

    08 de xaneiro de 2012

    Un membro da Cámara baixa do Parlamento da India, Panabaka Lakshmi, lamentou que o pobo telugú estea adoptando o inglés como a súa primeira lingua e rexeite o telugú como lingua nativa. Ademais, pediu aos pais que ensinen telugú aos seus fillos e que o falen na casa.

    Fonte: Deccan Chronicle

    08 de xaneiro de 2012

    O primeiro ministro da India, Manmohan Singh, declarou que o Goberno indio continuará intensificando esforzos para promover, desenvolver e enriquecer a antiga lingua sánscrita.

    Fonte: The Economic Times

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder