Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de agosto de 2011

    Un proxecto lingüístico levado a cabo en Estados Unidos traballa na elaboración dunha base de datos do idioma yuracaré para documentalo, co obxectivo de servir de ferramenta académica ou social.

    Fonte: Los Tiempos

    11 de agosto de 2011

    O Consello de Ministros timorense está a preparar unha reforma legal coa que pretende eliminar a lingua portuguesa do sistema de ensino básico en Timor Leste.

    Fonte: Jornal Digital

    10 de agosto de 2011

    O Instituto Etxepare estendeu o programa de difusión do éuscaro e da cultura vasca a universidades de 12 países –Estados Unidos, Francia, Gran Bretaña, Alemaña e, fundamentalmente, de América Latina- a través dun programa de lectorados.

    Fonte: El País

    10 de agosto de 2011

    A Academia da Lingua Asturiana mostrou o seu malestar coa decisión do alcalde de Noreña de retirar da orde do día do Pleno unha moción do grupo político Conceyu Abiertu por estar redactada en asturiano.

    Fonte: La Nueva España

    10 de agosto de 2011

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística ofrécelles colaboración e apoio permanente a diversos colectivos profesionais de diferentes ámbitos da sociedade para o fomento social do galego.

    Fonte: Xunta de Galicia

    10 de agosto de 2011

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística veñen de convocar, a través do Diarios Oficial de Galicia (DOG), os primeiros cursos en liña de linguaxe xurídica galega.

    Fonte: Xunta de Galicia

    09 de agosto de 2011

    A Consellería de Turismo, Cultura e Deporte habilitou a 200 novos guías de turismo da Comunidade Valenciana e 14 guías profesionais que xa estaban habilitados puideron ampliar os seus idiomas, informou este departamento, que destacou que, por primeira vez a convocatoria incluíu a lingua de signos como idioma de habilitación, recalcaron.

    09 de agosto de 2011

    Un de cada cinco vascos de 15 ou máis anos que utiliza internet faino en éuscaro e inglés, segundo datos do Eustat correspondentes ao primeiro trimestre do ano.

    Fonte: Europa Press

    09 de agosto de 2011

    A Asemblea de Córsega aprobou cunha ampla maioría un documento no que se propón que o corso sexa a lingua oficial da illa e que goce dun status de cooficialidade en todos os ámbitos.

    Fonte: Nationalia

    09 de agosto de 2011

    As linguas minoritarias, como o mirandés, comezan a encontrar espazos propios para a súa divulgación, a pesar da "forte presión", exercida sobre elas, a través dos medios de comunicación e da súa exclusión no sistema educativo.

    Fonte: Jornal de Notícias

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder