Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de agosto de 2011

    A Real Academia Española creou unha unidade para canalizar as críticas e propostas relacionadas co Dicionario, que serán estudadas de inmediato e incorporadas á edición dixital, se se consideran adecuadas.

    Fonte: La Voz de Galicia

    02 de agosto de 2011

    O número de materias que a Universidade Pública de Navarra imparte en éuscaro segue a súa tendencia ascendente de cara ao próximo curso, aínda que o ritmo de crecemento é moito menor que o rexistrado en 2010-2011. En concreto, a oferta de materias en éuscaro aumentará un 30%, ao pasar de 117 a 152.

    Fonte: Noticias de Navarra

    02 de agosto de 2011

    O Viceministro de Educación, Deporte, Arte e Cultura, Lazarus Dokora, é consciente de que as diferentes asociacións lingüísticas están a traballar en como realizar publicacións relevantes para a lectura.

    Fonte: The Herald

    01 de agosto de 2011

    A oferta de grupos de inglés na Universidade Pública de Navarra crecerá o próximo curso case un 63% con respecto ao pasado ano, ao pasar de 40 a 65 materias impartidas nesta lingua.

    Fonte: Noticias de Navarra

    01 de agosto de 2011

    O Síndic de Greuges (Valedor do Pobo)da Comunidade Valenciana, José Cholbi, instou o Concello de Alacant a que active os mecanismos necesarios para garantir que a rotulación das instalacións e oficinas municipais se realice preferentemente en valenciano, dado que a poboación se atopa nunha zona de predominio lingüístico valenciano.

    Fonte: El País

    01 de agosto de 2011

    Galicia Confidencial poderase ler en calquera libro electrónico. Susana Sotelo Docío, tecnóloga da Universidade de Santiago, creou unha receita para o programa Calibre que permite aos usuarios seguir este xornal dende os seus libros electrónicos. Galicia Confidencial convértese así no primeiro medio en galego cunha receita para este software libre.

    Fonte: Galicia Confidencial

    01 de agosto de 2011

    Alba García Pico, coa colaboración da fotógrafa María Mon, realizou un traballo de investigación e documentación de forma altruísta sobre o uso do galego nos camposantos das nove parroquias que conforman o concello do Valadouro.

    Fonte: El Progreso

    01 de agosto de 2011

    O Goberno de Sarawak continuará co seu esforzo de promover a lingua iban como lingua franca internacional, á par do inglés, o mandarín e o malaio.

    Fonte: The Borneo Post

    01 de agosto de 2011

    A oposición social-liberal e social-demócrata afirma que as campañas de saúde pública deberían realizarse noutras linguas distintas do dinamarqués co fin de chegar aos maiores grupos de inmigrantes do país.

    Fonte: The Copenhagen Post

    01 de agosto de 2011

    As linguas indíxenas e non inglesas coma o gullah, que provén dos escravos de África occidental e contén algo de inglés, enfróntanse a númerosos obstáculos para sobrevivir actualmente en Estados Unidos. Entre eles inclúense a falta de recursos, o feito de que a maioría dos falantes está morrendo e o estigma de que estas linguas son para persoas sen formación.

    Fonte: Kansas City

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder