Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de xullo de 2011

    A poboación con discapacidade auditiva debe sor­tear na vida cotiá diversas barreiras á hora de querer comunicarse con outros debido ao escaso coñecemento da súa lingua de signos.

    Fonte: El Día

    29 de xullo de 2011

    O Banco Pastor vén de promover un servizo de videointerpretación para os clientes con xordeira. Segundo Feliciano Sola, presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAPXG), trátase da primeira vez en España que unha empresa privada pon en marcha unha iniciativa social desta índole contando coa colaboración dunha entidade como a devandita Federación.

    Fonte: Código Cero

    28 de xullo de 2011

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) desenvolverán, ao longo deste ano e durante o 2012, un programa de actuacións en materia de investigación lingüística a través do Instituto da Lingua Galega.

    Fonte: Xunta de Galicia

    28 de xullo de 2011

    Só os profesores e os empregados do Goberno autonómico que atendan o público deberán acreditar o coñecemento da lingua catalá, no resto dos casos será un mérito.

    Fonte: La Voz de Barcelona

    28 de xullo de 2011

    Euskaltzaindia presentou dúas importantes publicacións. En primeiro lugar, a Academia do Éuscaro deu a coñecer o CD-ROM que recolle o contido das importantes charlas do XVI Congreso Internacional da institución, celebrado en Iruñea en 2008. En segundo lugar, presentou os dous novos números de Euskera, o órgano oficial da Academia.

    Fonte: Deia

    28 de xullo de 2011

    O Ministerio de Educación está tentando acabar co dispendio de recursos mediante a aprobación dun proxecto de lei sobre o ensino da lingua grega no estranxeiro que foi presentado polo viceministro de Educación Fofi Gennimata.

    Fonte: Greek Reporter

    28 de xullo de 2011

    As persoas con discapacidade auditiva poderían ter a aprendizaxe máis fácil nas escolas. O proxecto de lei do Senado 14/07 convertería a lingua de signos brasileira en obrigatoria para todos os estudantes xordos como lingua de comunicación, en todos os niveis e modalidades da educación básica, nas institucións públicas e privadas de ensino.

    Fonte: Correio do Brasil

    28 de xullo de 2011

    A Consellería galega de Educación acaba de autorizar de forma provisional a posta en funcionamento de 302 novas seccións bilingües nos centros de ensino da comunidade.

    Fonte: El Progreso

    28 de xullo de 2011

    A colaboración entre as administracións autonómica e local no fomento social da lingua galega centrou as visitas institucionais que o responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, realizou á Deputación e ao concello de Ourense.

    Fonte: Xunta de Galicia

    27 de xullo de 2011

    A lingua española é a máis utilizada na páxina electrónica da Biblioteca Dixital Mundial (BMD), segundo declarou o seu director, John Van Oudenaren.

    Fonte: PantanalNEWS

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder