Un traballo elaborado por varios estudosos da rede científica CRUSCAT do Instituto de Estudos Cataláns quixo dar resposta ao paradoxo que representa o feito de que o catalán teña na Wikipedia un número de artigos similar ao chinés.
Fonte: Linguamón
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un traballo elaborado por varios estudosos da rede científica CRUSCAT do Instituto de Estudos Cataláns quixo dar resposta ao paradoxo que representa o feito de que o catalán teña na Wikipedia un número de artigos similar ao chinés.
Fonte: Linguamón
Os directores das vintedúas Academias da Lingua Española de España, América e Filipinas celebrarán unha reunión plenaria do 19 ao 22 de xullo cuxas sesións se realizarán en Madrid e Burgos, co propósito de estudar a situación dos proxectos lingüísticos comúns, propor novas iniciativas e elaborar conxuntamente o plan de acción dos próximos anos.
Fonte: ABC
O dominio de idiomas permite acceder a un 27,55 % máis de ofertas de emprego. O máis solicitado polas empresas é o inglés (72 %), aínda que rebaixou a súa posición dominante a favor do francés, que xa o requiren para un 8,5 % dos postos de traballo.
Fonte: Ideal
O traballo recompilado polo Laboratorio de Lingüística do Instituto de Investigacións Antropolóxicas inclúe dialectos que só teñen dous ou tres falantes e están condenados a desaparecer.
Fonte: Milenio
Indonesia e China asinaron un acordo de colaboración sobre o ensino da lingua indonesia en varias universidades de China. O acordo forma parte da cooperación bilateral dos dous países en materia de linguas no ensino superior.
Fonte: The Jakarta Post
O Tribunal Supremo de Ohio adoptou unha norma que obriga os tribunais do estado a contratar intérpretes de linguas estranxeiras ou de lingua de signos en certos casos.
Fonte: Business First
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o secretario xeral da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Fausto Santamarina, reuníronse para valorar o desenvolvemento das actuacións que as dúas entidades promoven conxuntamente para ampliar e mellorar o uso do galego no tecido socioeconómico.
Fonte: Xunta de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o alcalde do concello de Ames, Santiago Amor, mantiveron o seu primeiro encontro institucional, no que puideron compartir os intereses dos gobernos autonómico e local a prol da extensión social do galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Este ano, as tres primeiras películas da historia do cine “concibidas e realizadas integramente en éuscaro” verán a luz grazas a un ímprobo traballo de restauración centrado na imaxe e no son, que se atopaban moi deteriorados.
Fonte: Noticias de Navarra
Trátase dun concurso de postais en éuscaro cuxo obxectivo é o de animar a poboación para que utilice este idioma nas comunicacións informais e escritas. Por isto, a convocatoria busca que os ermuarras que o desexen envíen unha postal escrita en éuscaro desde os seus lugares de veraneo ou descanso.
Fonte: El Correo
Subscríbase ao boletín