A asociación bilingüe Karrikiri, xunto con Karrikaluze e Elhuyar, editan cada ano unha guía cun mapa que inclúe todos os establecementos e servizos públicos nos que se atende en lingua vasca (tendas, bares, despachos…).
Fonte: Noticias de Navarra
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A asociación bilingüe Karrikiri, xunto con Karrikaluze e Elhuyar, editan cada ano unha guía cun mapa que inclúe todos os establecementos e servizos públicos nos que se atende en lingua vasca (tendas, bares, despachos…).
Fonte: Noticias de Navarra
A emisora de Radio Nacional de España en Cataluña, Ràdio 4, celebra o seu 35 aniversario, o que a consolida como a radio que leva máis anos emitindo ininterrompidamente en catalán.
Fonte: ABC
Rob Teare sucederá a Rosemary Derbyshire no cargo de director de lingua manesa do departamento de educación e infancia da Illa de Man. Así mesmo, dirixirá a unidade da linga manesa e contará cun equipo de profesores que traballarán con estudantes de idades comprendidas entre os 7 e os 18 anos.
Fonte: BBC
A Mesa pola Normalización Lingüística instou o Valedor do Pobo a dar "explicacións inmediatas, públicas e claras" sobre a veracidade das informacións que afirman que este esixiu a retirada dun libro de texto por reproducir o artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía, "que sinala que a lingua propia de Galicia é a galega".
Fonte: Europa Press
Vinte e cinco xuristas de toda Galicia participaron en Chantada no acto organizado pola Irmandade Xurídica Galega en defensa da normalización lingüística na Administración de Xustiza. Entre os que asinaron a que os organizadores bautizaron como Declaración de Chantada atópanse avogados e procuradores en exercicio nesta comarca, ademais da titular do xulgado único deste partido xudicial.
Fonte: La Voz de Galicia
A Comunidade de Madrid facilitou entre xaneiro e novembro de 2011 máis de 11 150 servizos de intérprete para persoas con discapacidade auditiva, que puideron así realizar de forma autónoma xestións como ir ao médico ou ao banco.
Fonte: El Mundo
A blogosfera en asturiano coñeceu o nacemento dunha nova iniciativa con esta lingua como medio de expresión que busca trasladar o pensamento alternativo á poboación da rexión.
Fonte: Infoasturies
A docente universitaria angolana Amélia Mingas defendeu que é preciso que as institucións competentes esixan o uso das linguas nacionais, tal como acontece co inglés, como requisito para a procura de emprego e engadiu que, dada a escasa promoción do ensino destas linguas, non se produciu un aumento significativo do seu uso en Angola desde a independencia de Portugal.
Fonte: Jornal de Angola
Unha comunidade indíxena do Brasil celebra estes días o lanzamento dun libro e un vídeo que inmortaliza a súa idiosincrasia e crea unha gramática da súa lingua para salvala da extinción. O idealizador do proxecto foi o líder dos Parkatejé, unha remota comunidade formada por unhas 400 persoas localizada no corazón do estado amazónico de Pará.
Fonte: La Vanguardia
Un experto en estatística advertiu que, a pesar da crecente popularidade da educación en lingua galesa, Gales continúa perdendo falantes de galés a un ritmo de 3000 persoas ao ano.
Fonte: Wales Online
Subscríbase ao boletín