Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de xullo de 2011

    A información dispoñible, que se pode consultar no enderezo "www.rednoviolenciagex.com", está estruturada en varios bloques que dan resposta ás dúbidas máis frecuentes sobre a denuncia, a orde de protección e os recursos dispoñibles.

    Fonte: ABC

    12 de xullo de 2011

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, visitou os concellos pontevedreses de Cangas e de Redondela co fin de valorar cos seus alcaldes novas vías de cooperación para promover o uso do galego desde o ámbito local.

    Fonte: Xunta de Galicia

    11 de xullo de 2011

    Armenios da rexión de Javakhk en Xeorxia están en contra do sistema de educación bilingüe introducido polo Goberno nas escolas de minorías étnicas, xa que pode significar un obstáculo para o estudo da lingua nativa armenia.

    Fonte: PanArmenian.net

    11 de xullo de 2011

    O Goberno de Quebec publicou un novo sitio web do departamento de sanidade unicamente en francés a pesar de que as leis obrigan a empregar tamén o inglés en todas as comunicacións cos cidadáns.

    Fonte: National Post

    11 de xullo de 2011

    O Campus de Las Llamas da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) inaugurará a quinta edición do “Máster Universitario en Ensino do Español como Lingua Estranxeira".

    Fonte: 20 minutos

    11 de xullo de 2011

    Ata o pasado mes de xuño, o total de ertzainas que teñen acreditado o perfil lingüístico da súa dotación é de 2.760, é dicir, o 34,5 por cento do total.

    Fonte: ABC

    11 de xullo de 2011

    Os distribuidores e a Consellería de Cultura selan a paz. Dobraranse ao catalán entre 35 e 40 títulos de éxito ao ano e o festival de Sitges volverá ter filmes de grandes estudios, tras o veto da última edición.

    Fonte: La Vanguardia

    11 de xullo de 2011

    O número de alumnos de lingua portuguesa continúa a medrar en Venezuela. Na área da capital, Caracas, hai máis de 1700 estudantes activos, aínda que existe unha falta de salas axeitadas para o ensino.

    Fonte: Notícias Sapo

    09 de xullo de 2011

    Dous empresarios neozelandeses deseñaron o primeiro teclado do mundo en lingua maorí coincidindo coa Semana da Lingua Maorí en Nova Zelandia.

    Fonte: The Daily Post

    09 de xullo de 2011

    O ministro de Educación sueco, Jan Björklund, planea introducir clases de chinés nas escolas. Con esta medida Suecia converteríase no primeiro país de Europa en ofrecer esta lingua no ensino. O ministro defendeu que o acceso á lingua chinesa das futuras xeracións é crucial para ser máis competitivos no marco económico actual.

    Fonte: Financial Times

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder