Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de xullo de 2011

    O 65,2 por cento dos alumnos que ingresaron na Escola Xudicial son mulleres e o 46,08 por cento están interesados en recibir clases dalgunha lingua cooficial, case a metade deles de catalán.

    Fonte: Galicia Hoxe

    15 de xullo de 2011

    En Nova Zelandia está tomando corpo unha campaña para recoñecer as cinco principais linguas do Pacífico como linguas minoritarias oficiais. Á fronte están os samoanos Judy e John McCaffery, que queren que todos os nenos do Pacífico en Nova Zelandia teñan o dereito e a oportunidade de medrar falando, lendo e escribindo na súa lingua ou linguas de herdanza, ademais de en inglés.

    Fonte: Radio Australia

    15 de xullo de 2011

    O 4 % da poboación lectora española que le en máis dunha lingua escolle o galego como idioma de lectura de xeito habitual ou ocasional por detrás do castelán, inglés, catalán e francés.

    Fonte: Culturagalega.org

    14 de xullo de 2011

    O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou o labor do Instituto da Lingua Galega no estudo e na investigación permanente do idioma galego para que "sexa un elemento de cohesión social".

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    14 de xullo de 2011

    O Senado acordou, coa única oposición do PP, apoiar unha moción presentada polo PSOE na que se insta o Goberno a tomar medidas para garantir o dereito dos cidadáns a acceder aos contidos cinematográficos e audiovisuais no idioma que prefiran.

    Fonte: El País

    14 de xullo de 2011

    A petición de declaración institucional indica que "as liñas en valenciano son o resultado democrático da reivindicación de pais, mestres e alumnos do dereito a un ensino e unha aprendizaxe en valenciano".

    Fonte: Levante

    14 de xullo de 2011

    A Secretaría Xeral da Emigración convoca cursos preparatorios de lingua galega para os niveis Celga e de extensión cultural, que se realizarán nos centros galegos do exterior e nas cidades onde exista unha importante demanda no coñecemento da lingua galega.

    Fonte: Xuventude

    14 de xullo de 2011

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou no encontro Empresa e Identidade, que busca poñer en valor o compromiso das empresas coa lingua galega.

    Fonte: Xunta de Galicia

    13 de xullo de 2011

    A deputada do Parlamento boliviano, Flora Oyardo, presentou un proxecto de lei que propón a creación da Academia Boliviana de Idiomas e Costumes Indíxenas para garantir o ensino do idioma e a cultura das 36 nacións e pobos indíxenas de Bolivia.

    Fonte: La Razón

    13 de xullo de 2011

    Un informe publicado polo Tribunal Waitangi en Nova Zelandia mostra que, malia o incremento das iniciativas destinadas á promoción da lingua maorí, esta está seriamente ameazada. A porcentaxe de maorís que fala a lingua nativa declinou de 1996 a 2006, incluído un significativo descenso dos nenos menores de 10 anos que falan a lingua. Ademais, o número de persoas que recibe unha educación en lingua maorí e o das que a aprenden nas institucións de ensino superior tamén caeu desde 1990.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder