Estratexias, experiencias e recursos para avanzar no fomento do galego desde o ámbito local protagonizan o I Seminario de formación permanente da Rede de Dinamización Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Estratexias, experiencias e recursos para avanzar no fomento do galego desde o ámbito local protagonizan o I Seminario de formación permanente da Rede de Dinamización Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
A lingua francesa non deixa de medrar. Como proba disto, a Academia Francesa desvelou 3 828 novas palabras (dun total de 9860) na novena edición do seu dicionario.
Fonte: My Boox
O bosquexo do Plan nacional da lingua gaélica 2012-2017, que está a ser avaliado polo organismo público Bòrd na Gàidhlig, busca reconverter o gaélico nunha "lingua saudable e forte" por medio da promoción da súa aprendizaxe e uso en Escocia.
Fonte: Stv
O comisario de Transportes, Siim Kallas, anunciou que corrixirá o seu documento de proposta sobre redes transeuropeas de transportes para substituír os topónimos 'La Coruña' e 'Orense' polos oficiais 'A Coruña' e 'Ourense'.
Fonte: Faro de Vigo
O concelleiro de Cultura, Turismo e Normalización Lingüística, Antón Bao, anunciou que o Concello de Lugo emitirá os recibos municipais en idioma castelán e de forma individual aos contribuíntes que os soliciten.
Fonte: El Progreso
Co obxectivo de axudar ás organizacións a diagnosticar a súa situación en materia de responsabilidade social e poder así tomar as decisións máis axeitadas en cada momento, a Fundación Alares e Mekit presentaron a mediados de ano unha plataforma web creada para dar servizo á pequena e mediana empresa española, que agora terá a súa versión en galego grazas á aposta da consultora N-Nova por esta lingua.
Fonte: Código Cero
Coincidindo co vixésimo aniversario da creación dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) nos centros de ensino de Galicia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha dúas iniciativas para contribuír ao recoñecemento e difusión do seu labor na promoción do uso do galego.
Fonte: Xunta de Galicia
PictoDroid Lite é unha aplicación para dispositivos Android que permite aos usuarios comunicarse a través do uso de pictogramas, signos que representan esquematicamente un símbolo, obxecto real ou figura.
Fonte: Universidade de Vigo
Desde hai uns meses, un grupo de persoas está traballando na creación dun colectivo novo de defensa da lingua asturiana. Este, que leva o nome de Iniciativa Pol Asturianu, presentarase en Oviedo.
Fonte: Asturies.com
A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura e a Secretaría Xeral do Deporte, coa colaboración da Unión de Federacións Deportivas de Cataluña, impulsan a campaña “Mou-te en catalá”, coa finalidade de fomentar o uso oral da lingua catalá no ámbito deportivo.
Subscríbase ao boletín