Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de xullo de 2011

    O BNG de Bergantiños entregou os seus premios anuais Patria e Lingua, cos que recoñece o emprego e a defensa da lingua galega por parte dos empresarios da comarca.

    Fonte: La Opinión

    22 de xullo de 2011

    O alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, trasladoulle ao responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, a vontade do seu concello de colaborar coa Xunta no fomento social do galego.

    Fonte: Xunta de Galicia

    21 de xullo de 2011

    Un 81 % da poboación valora positivamente o proxecto de ensino trilingüe (en éuscaro, castelán e inglés) do Departamento de Educación do Goberno Vasco. O estudo realizado por esta institución sinala, ademais, que un terzo da poboación escribe e fala inglés.

    Fonte: Aprende+

    21 de xullo de 2011

    O reitor da Universidade de Oviedo, Vicente Gotor, indicou á Asociación Universitaria polo Asturiano (CUPA) que un cambio no regulamento da institución académica permitirá que poidan presentarse teses en asturiano, segundo informou a asociación.

    Fonte: La Voz de Asturias

    21 de xullo de 2011

    En Nova Guinea fálanse máis de 1000 linguas, ao redor de 800 en Papúa Nova Guinea e 200 na Papúa Indonesia, pero a maioría ten menos de 1000 falantes, a miúdo localizados nunha vila ou un conxunto de aldeas.

    Fonte: Bangkok Post

    21 de xullo de 2011

    Malia que o Goberno do Estado afirma estar facendo todos os esforzos para promover o malayalam, a decisión de que todas as páxinas web do Goberno sexan bilingües continúa no papel tras catro anos.

    Fonte: Deccan Chronicle

    21 de xullo de 2011

    A finais de 2012, a UE contará cun observatorio do plurilingüismo en liña que documentará as mellores prácticas na execución de políticas lingüísticas e mostrará ferramentas específicas para resolver problemas cotiás de comunicación relacionados coas linguas estranxeiras.

    Fonte: EurActiv

    21 de xullo de 2011

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o director de comunicación e márketing de Asociación Hostelería Compostela, Aser Álvarez, presentaron as bases dun orixinal concurso de microrrelatos a través das redes sociais, concretamente de Facebook, que xorde co gallo do oitavo centenario da catedral de Santiago.

    Fonte: Xunta de Galicia

    21 de xullo de 2011

    O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, e o presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, asinaron un convenio de colaboración en materia de normalización lingüística no ámbito local.

    Fonte: La Voz de Galicia

    20 de xullo de 2011

    Só un 8,84 % das ofertas de emprego en Galicia valora o coñecemento dunha lingua autonómica para acceder ao posto -o galego no 97,31 % dos casos-, segundo unha análise realizada por Adecco e Infoempleo.

    Fonte: El Correo Gallego

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder