O responsable do Partido Popular de Botswana, Motlatsi Molapise, afirmou que Botswana é unha nación multicultural con diversas etnias cuxas linguas precisan de promoción.
Fonte: Mmegi
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O responsable do Partido Popular de Botswana, Motlatsi Molapise, afirmou que Botswana é unha nación multicultural con diversas etnias cuxas linguas precisan de promoción.
Fonte: Mmegi
O Departamento vasco de Educación considera que a Formación Profesional (FP) vasca necesita novos aires. Por isto, optou por ofrecer, a partir do próximo curso, clases gratuítas de reforzo de inglés fóra do horario escolar aos alumnos de FP.
Fonte: El País
Os tres convenios, asinados co Decanato dos Rexistradores da Propiedade, Mercantís e de Bens Mobles de Cataluña, o Colexio de Notarios de Cataluña e o Consello de Colexios de Procuradores dos Tribunais de Cataluña, establecen un plan de actuacións para 2011.
Fonte: ABC
O Centro de Linguas da Universidade de Vigo examina os profesores de secundaria que necesitan acreditar un nivel B1 de inglés, entre outros. O curso 2009/2010 ingresou na Asociación de Centros de Linguas no Ensino Superior.
Fonte: Atlántico
O Ministerio de Xustiza Social e Integración aprobou a creación dun centro de formación e investigación da lingua de signos india a través dun proxecto de cinco anos de duración, como centro autónomo da Universidade Nacional Aberta Indira Gandhi en Nova Delhi.
Fonte: 2Classnotes
O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, e o presidente da institución académica, Xosé Luís Méndez Ferrín, asinaron un convenio para impulsar os traballos de lexicografía, sociolingüística e terminoloxía da RAG.
Fonte: Xunta de Galicia
O Goberno de Delhi e a Academia do Urdu están traballando ininterrompidamente para promover a lingua urdu na capital. Os fondos para a Academia do Urdu aumentaron.
Fonte: New Kerala
O Goberno autonómico destacou o papel desempeñado polo Instituto da Lingua Galega durante corenta anos no estudo, coñecemento e investigación da lingua galega.
Fonte: El Correo Gallego
Unha trintena de estudantes procedente de quince países (Suecia, Ecuador, EEUU, Croacia, Serbia, Reino Unido, Polonia, República Checa, Italia, Montenegro, Alemaña, Irán, Rusia e Romanía) chegou a Mallorca para participar no X Campus Universitario da Lingua Catalá, que terá lugar ata o 6 de agosto en Artá.
Fonte: Europa Press
O programa de dinamización lingüística O galego campa xa está nos campamentos de verán da Xunta de Galicia para promover o uso do galego entre a mocidade.
Fonte: Xunta de Galicia
Subscríbase ao boletín