Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de agosto de 2011

    Segundo o Instituto Nacional de Estatística, entre os vinte nomes máis frecuentes nos varóns nacidos entre 2000 e 2009, só aparecen catro nomes exclusivamente en valenciano na provincia de Castelló (Marc, Pau, Àlex e Joan), tres en Valencia (Marc, Pau e Joan, nos postos 14, 15 e 19) e ningún en Alacant.

    Fonte: Levante-emv

    08 de agosto de 2011

    Desde 2010, o occitano é lingua oficial en Cataluña xunto ao castelán e o catalán. Agora o goberno puxo en dúbida a constitucionalidade da medida.

    Fonte: Suite 101

    08 de agosto de 2011

    No seu escrito, dirixido ao presidente e ao conselleiro de Cultura, os xuristas fixan que este é o momento apropiado para facelo porque moitos deles deben prepararse para as novas competencias de consellerías, viceconsellerías e direccións xerais.

    Fonte: Info Asturies

    08 de agosto de 2011

    Os 200 apelidos máis frecuentes en Galicia supoñen o 60 % do total, mentres que o 40 % restante se reparte en máis de 40.000 formas que poden desaparecer.

    Fonte: La Voz de Galicia

    08 de agosto de 2011

    O 38,6% da mocidade de Galicia de entre 15 e 29 anos afirma utilizar a lingua galega, segundo se desprende do informe Xuventude Galega 2010, que vén de presentar a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar.

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de agosto de 2011

    Universidades indíxenas de Bolivia, Colombia, Nicaragua e México propoñen aos gobernos a elaboración de políticas para conservar e recuperar as linguas maternas de cada cultura.

    Fonte: Andes

    05 de agosto de 2011

    Un novo proxecto de lei sobre o uso do idioma búlgaro, que se aprobará no outono, foi presentado no Parlamento. A nova lei establecerá un Consello especial da Lingua Búlgara dentro do Consello de Ministros, que abordará a pureza da lingua literaria e creará e publicará no Diario Oficial as regras gramaticais e de pronuncia, así como o uso de palabras estranxeiras.

    Fonte: Novinite

    05 de agosto de 2011

    Os lexisladores de Israel presentaron un proxecto de lei polo que o árabe deixaría de ser unha das linguas oficiais do Estado xudeu. Na actualidade o árabe e o inglés son linguas oficiais de Israel.

    Fonte: The Daily Star

    05 de agosto de 2011

    Máis de 2500 escolares iniciaron o pasado curso a rede de centros plurilingües en Galicia, distribuídos en 58 colexios e institutos. A Consellería de Educación asegurou que alcanzaría o centenar de cara ao 2011-2012, e parece que vai cumprilo.

    Fonte: La Voz de Galicia

    05 de agosto de 2011

    O número de alumnos de ensino primario que fala galés con fluidez non cambiou practicamente tras 23 anos, segundo o censo escolar. As cifras máis recentes facilitadas polo Goberno de Gales para o curso 2009-2010 reflicten que 14684 alumnos de cinco ou máis anos falan galés con fluidez na casa, o que representa o 7,6 %.

    Fonte: Daily Post

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder