Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de xaneiro de 2012

    Tres institutos da Comunidade de Madrid ofrecen aos alumnos de Bacharelato a posibilidade de finalizar os seus estudos conseguindo unha dobre titulación dos Gobernos español e francés, en virtude do programa ‘Bachibac’ que este ano comezou a súa andaina na rexión.

    Fonte: La Vanguardia

    15 de xaneiro de 2012

    Un novo libro publicado en Guernsey, unha das illas británicas da canle da Mancha, ofrecerá unha pequena introdución da antiga lingua da illa.

    Fonte: Language News

    15 de xaneiro de 2012

    Menos de un de cada dez hospitais británicos realiza algunha inspección para comprobar se os enfermeiros procedentes de Europa saben falar inglés antes de contratalos para traballar. Segundo o organismo de control do Servizo Nacional de Saúde británico, os problemas lingüísticos xorden unicamente cando os pacientes solicitan máis analxésicos ou outro tipo de comida e non os entenden.

    Fonte: Mail Online

    13 de xaneiro de 2012

    Zhang Chongyin, xefe da oficina rexional de radio, cinema e televisión de Tíbet, informou que a oficina mellorará a cobertura de radio e televisión en zonas remotas da rexión, retransmitirá máis programas bilingües e traducirá un maior número de películas chinesas e estranxeiras para o pobo tibetano.

    Fonte: China Daily

    13 de xaneiro de 2012

    O Grupo Parlamentario Socialista preguntou ao Goberno aragonés cando pensa renovar o convenio para que os alumnos xordos de diferentes institutos de Aragón conten con intérpretes de lingua de signos.

    Fonte: ABC

    13 de xaneiro de 2012

    A comisión de Educación do Parlamento foral votou en contra dunha moción que instaba o Goberno de Navarra a dotar os medios de comunicación en éuscaro dos “recursos necesarios" para empregar esta lingua de forma “habitual e progresiva”.

    Fonte: Diario de Navarra

    13 de xaneiro de 2012

    A Corporación de Internet para a Asignación de Nomes e Números (Icann) abre un novo período para que as cidades, territorios ou organizacións que o desexen soliciten ter un dominio propio en internet. A Asociación PuntoGal, co apoio da Secretaría Xeral de Modernización da Xunta, presentará a súa candidatura co obxectivo de facer realidade o .gal.

    Fonte: La Opinión

    12 de xaneiro de 2012

    A Deputación da Coruña publicou as bases reguladoras do programa de cooperación cos concellos da provincia da Coruña para a creación ou mantemento dos seus servizos de normalización lingüística durante o ano 2012.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    12 de xaneiro de 2012

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca para o ano 2012 un total de 125 cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. O Diario Oficial de Galicia do 9 de xaneiro publica a orde pola que se anuncia esta oferta de formación, voluntaria e gratuíta, dirixida a particulares (adultos) que desexen participar nos cursos e tamén a colectivos, entidades e/ou asociacións interesados en organizalos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    12 de xaneiro de 2012

    O alumnado andaluz de Primaria e Secundaria acada en idiomas puntuacións equivalentes a notable, segundo o informe das probas de avaliación de diagnóstico correspondente ao curso 2010/2011, que incluíu por primeira vez a valoración da competencia lingüística en linguas estranxeiras.

    Fonte: Ideal

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder