Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de xaneiro de 2012

    Colectivos sociais e organizacións profesionais de Navarra relacionados coa educación en éuscaro subscribiron un manifesto titulado “Conéctate ao ensino verde”, no que instan os pais a matricular os seus fillos no modelo D (educación en éuscaro).

    Fonte: ABC

    19 de xaneiro de 2012

    O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, asistiu a un encontro celebrado en Bilbao cos membros españois que participan xunto con Galicia na Rede para a Promoción da Diversidade Lingüística en Europa (Network to Promote Linguistic Diversity, NPLD).

    Fonte: Xunta de Galicia

    19 de xaneiro de 2012

    A plataforma Weemba.es, responsable dunha ferramenta virtual que permite poñer en contacto a particulares e empresas demandantes de financiamento coas entidades financeiras que operan en España, vén de traducir ao galego o vídeo que explica como solicitar un préstamo en internet de xeito rápido e seguro.

    Fonte: Código Cero

    19 de xaneiro de 2012

    O Parlamento de Navarra rexeitou a toma en consideración da proposición de lei para modificar a Lei do éuscaro e ampliar á zona non vascófona a posibilidade de estudar en éuscaro en centros públicos.

    Fonte: ABC

    18 de xaneiro de 2012

    O interese por aprender a lingua chinesa está a "aumentar moito" en Portugal, especialmente entre os empresarios, afirmou o reitor da Universidade de Lisboa, António Sampaio da Nóvoa.

    Fonte: Diário digital

    18 de xaneiro de 2012

    Xeorxia prevé a apertura dun centro de cultura e lingua portuguesas en Tiflis como parte do proceso de aproximación á comunidade lusófona. O país caucásico solicitou o estatuto de país observador da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).

    Fonte: Diário digital

    18 de xaneiro de 2012

    Como resultado da colaboración entre a Área de Innovación Educativa do IES Perdouro e Radio Burela, todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde a emisora de radiofusión transmite Proxecto Neo, un programa que centra o protagonismo nas persoas neofalantes en galego.

    Fonte: Crónica 3

    18 de xaneiro de 2012

    Entre o 31 de xaneiro e o 2 de marzo desenvolverase o primeiro Obradoiro de Iniciación á Curtametraxe en Galego, un seminario organizado polo Concello da Coruña e a Escola Oficial de Idiomas desta localidade.

    Fonte: Culturagalega.org

    18 de xaneiro de 2012

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do Diario Oficial de Galicia, publicou a convocatoria das probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de competencia en lingua galega, Celga 1, 2, 3 e 4.

    Fonte: Xunta de Galicia

    18 de xaneiro de 2012

    O Goberno balear non derrogará a Lei de normalización lingüística vixente en Baleares desde 1986, aínda que modificará oito dos seus artigos co fin de asegurar o bilingüismo en todos os ámbitos da Administración.

    Fonte: El Mundo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder