Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de novembro de 2011

    Mellor formación para o persoal docente e un cambio normativo que permita esixir ao profesorado a capacitación para impartir clases nun idioma estranxeiro. Son dúas das medidas que a Consellería de Educación considera fundamentais para desenvolver o novo modelo de ensino trilingüe na Comunidade Valenciana.

    Fonte: Las Provincias

    20 de novembro de 2011

    No estado de Luisiana, nos Estados Unidos de América, hai unha demanda cada vez maior de ensino dunha segunda lingua, a medida que as linguas diferentes ao inglés acadan unha maior presenza nos EUA. Aínda que a demanda de lingua española é aínda moi alta, agora as familias de Luisiana solicitan cada vez máis ensino en francés para os seus fillos, co fin de que estes teñan máis oportunidades de éxito no futuro.

    Fonte: Associated Press

    19 de novembro de 2011

    A nova Lei de linguas de Sudáfrica afianzará o multilingüismo, tal como se establece na constitución, por medio de medidas para "elevar o status e promover" as linguas de orixe africana nos departamentos gobernamentais.

    Fonte: Daily News

    19 de novembro de 2011

    O presidente da Lusa (Axencia de Noticias de Portugal) propón a creación dunha axencia internacional de noticias en lingua portuguesa que será un importante instrumento de información para un dos idiomas máis falados do mundo.

    Fonte: SIC Notícias

    18 de novembro de 2011

    Unha vez máis, os dereitos dos falantes de asturiano vense golpeados nunhas eleccións. A Xunta Electoral provincial nega o uso das papeletas redactadas en asturiano impresas pola formación Andecha Astur.

    Fonte: Asturnews

    18 de novembro de 2011

    O Goberno vasco asinou un convenio de colaboración co Centro Cultural-Euskal Etxea de Barcelona polo que concederá unha subvención de 22 000 euros ao centro para asegurar o ensino e a aprendizaxe do éuscaro na cidade catalá.

    Fonte: Telecinco

    18 de novembro de 2011

    A Fundación Círculo Balear aplaudiu a decisión de IB3 de incluír as dúas linguas oficiais de Baleares (español e catalán) na programación da televisión autonómica.

    Fonte: ABC

    18 de novembro de 2011

    Os lectorados e centros de estudos galegos cos que conta a Secretaría Xeral de Política Lingüística en universidades de todo o mundo realizan numerosas actividades durante o curso académico para dar a coñecer fóra de Galicia a lingua, a literatura e a cultura galegas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    17 de novembro de 2011

    Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Lois Pereiro e Xosé Neira Vilas están a percorrer Galicia a través de tres exposicións coas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos pretenden difundir a vida e a obra destes recoñecidos escritores da literatura galega.

    Fonte: Xunta de Galicia

    17 de novembro de 2011

    Xa está dispoñible unha nova aplicación para coñecer mellor os verbos galegos e as súas variantes: ConxuGalego. Trátase dunha ferramenta que nos permite, co emprego dun dispositivo con Android, introducir o infinitivo de calquera verbo en galego, ben sexa regular ou irregular, e obter a súa conxugación en todas as súas diferentes formas.

    Fonte: Código Cero

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder