Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de novembro de 2011

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso de presentacións electrónicas para felicitar o Nadal en lingua galega. Logo da ampla participación acadada na primeira edición da iniciativa, en 2010, con máis dun cento de propostas recibidas, a secretaría xeral pon de novo en marcha este concurso, co que busca promover a presenza do galego na comunicación propia das festas de Nadal e tamén no ámbito das tecnoloxías.

    Fonte: Xunta de Galicia

    15 de novembro de 2011

    Un programa de actividades, no que participarán 84 escritores vascos, tratará de potenciar a afección e o hábito de lectura en éuscaro entre os máis novos, nunha iniciativa impulsada pola Deputación Foral de Biscaia.

    Fonte: ABC

    15 de novembro de 2011

    O festival, que celebra a súa segunda edición e está organizado pola asociación Gainditzen, está dirixido non só a persoas xordas, senón tamén a oíntes, e as proxeccións disporán de subtítulos en castelán.

    Fonte: Diario Vasco

    14 de novembro de 2011

    Inspectores da lingua francesa de Quebec iniciaron unha campaña para impulsar o uso do francés nos sinais de tipo comercial das multinacionais e grandes comercios establecidos na provincia canadense. Louise Marchand, presidenta da Oficina da Lingua Francesa, declarou que os nomes ingleses estarán permitidos, pero terán que ir acompañados dun termo descritivo ou un slogan en francés.

    Fonte: CTV

    14 de novembro de 2011

    O director xeral de Xustiza, Juan José Martínez, afirmou que a Xunta porá a disposición dos cidadáns todos os modelos que se utilizan no Rexistro Civil en galego, nun prazo inferior a 15 días.

    Fonte: Europa Press

    14 de novembro de 2011

    Un total de 584 empregados públicos realizaron en 2011 os cursos en liña de linguaxe administrativa e xurídica galegas, os primeiros que pon en marcha a Xunta de Galicia nesta nova modalidade de formación para reforzar a competencia do persoal das administracións en lingua galega.

    Fonte: Xunta de Galicia

    14 de novembro de 2011

    O grupo parlamentario do PSM-IV-ExM denunciou que os orzamentos do Goberno para o próximo ano reflicten un descenso do 40 % dos fondos destinados á promoción da cultura e a lingua catalá.

    Fonte: ABC

    13 de novembro de 2011

    O presidente da Comisión de Cultura do Parlamento de Acerbaixán declarou nunha conferencia que o turco pode adoptarse como lingua común para todos os países de fala túrquica.

    Fonte: Trend

    13 de novembro de 2011

    Un proxecto liderado pola Universidade de Cardiff brinda competencias lingüísticas e concienciación cultural a escolares galeses co fin de que poidan traballar con profesionais chineses no futuro. O ano pasado, o proxecto ofertou máis de 100 cursos de chinés en todo o País de Gales.

    Fonte: Wales/Cymru

    13 de novembro de 2011

    Os empregados do Goberno de Nunavut en Canadá poden agora exercer o dereito de falar inuktitut no traballo amparados pola nova lei de protección da lingua inuit que recentemente entrou en vigor.

    Fonte: Nunatsiaq Online

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder