Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de novembro de 2011

    Unha xornalista sueca de orixe palestina emprende unha viaxe por Europa para facer un inventario do uso do árabe no continente co obxectivo de elaborar un informe dos lugares onde se fala.

    Fonte: Presseurop

    12 de novembro de 2011

    A organización Save the Children informou que máis de 2900 nenos peruanos de 54 escolas das rexións de Ayacucho, Huancavelica e Cusco acadaron importantes avances na comprensión e produción de textos en quechua, a súa lingua nativa, no marco dun proxecto de ensino bilingüe que promove a súa cultura.

    Fonte: Andina

    11 de novembro de 2011

    Esta campaña ten como obxectivo pór en contacto a persoas que queren lanzarse a falar valenciano con voluntarios que estean dispostos a destinar unha hora á semana para conversar con eles.

    Fonte: Novelda Noticias

    11 de novembro de 2011

    O conselleiro de Educación, José Iribas, expresou o obxectivo do Goberno de Navarra de que os estudantes da Comunidade Foral falen polo menos unha lingua estranxeira ao chegar ao 18 anos.

    Fonte: Diario de Navarra

    11 de novembro de 2011

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou na entrega dos XXI Premios San Martiño de Normalización Lingüística, uns galardóns que, segundo afirmou, “celebran e recoñecen as iniciativas sociais que se desenvolven para a extensión do uso do galego”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    11 de novembro de 2011

    Logo do acto de constitución que tivo lugar o pasado 28 de outubro, a Rede de Dinamización Lingüística pon en marcha o seu traballo para impulsar o fomento do galego desde o ámbito local.

    Fonte: Xunta de Galicia

    11 de novembro de 2011

    Co fin de promover e preservar a lingua e a literatura caxemiras, Adbee Markaz Kamraz, un grupo de organizacións literarias e culturais da rexión de Caxemira na India, organizará dous actos literarios nas cidades indias de Sopore e Kupwara.

    Fonte: Ground Report

    10 de novembro de 2011

    A Xunta de Galicia participa en Donegal (Irlanda) nunha iniciativa que busca promover entre a mocidade o uso dos idiomas propios en diferentes comunidades europeas con linguas socialmente minoritarias. Con este fin, a Secretaría Xeral de Política Lingüística presentará os principais programas que está a promover para ampliar a presenza do galego nas franxas de idade máis novas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    10 de novembro de 2011

    O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, aposta por aproveitar a potencialidade das redes sociais para ampliar os ámbitos de uso da lingua galega. Así o asegurou durante a rolda de prensa na que se entregaron os premios do certame MICRO CompH!ostalería. 800 anos en 800 caracteres, un concurso de microrrelatos en galego que se realizou a través da páxina de Facebook CompHostalería.

    Fonte: Xunta de Galicia

    10 de novembro de 2011

    O Goberno vasco aprobou un decreto sobre comunicación audiovisual que regula, entre outras cuestións, o peso que terá o éuscaro nas futuras emisións de radio e televisión que se abran a Euskadi.

    Fonte: El Correo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder