Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de novembro de 2011

    As persoas xordas de Aragón disporán de intérprete de lingua de signos española as 24 horas durante as fins de semana e os festivos. A asociación Aragón Accesible reanuda así o Móbil de Urxencias de Intérpretes que tivo que suspenderse en 2009 polos recortes económicos.

    Fonte: Europa Press

    17 de novembro de 2011

    Segundo o anteproxecto de orzamentos para 2012, a entidade encargada de difundir a cultura vasca e o éuscaro no mundo terá o ano que vén un orzamento de 2,8 millóns de euros.

    Fonte: Diario vasco

    16 de novembro de 2011

    O Goberno portugués fusionará o actual Instituto Camões (IC) e o Instituto Portugués de Apoio ao Desenvolvemento (IPAD) no novo Camões: Instituto da Cooperación e da Lingua, que terá por misión potenciar o desenvolvemento da cooperación internacional e a promoción da lingua e a cultura portuguesas no estranxeiro.

    Fonte: Diário digital

    16 de novembro de 2011

    O ruso será a segunda lingua oficial de Osetia do Sur despois de que a maior parte dos electores votara a favor deste recoñecemento nun referendo. Ata agora, o idioma oficial era o osetio a pesar de que unha parte significativa da poboación empregase o ruso.

    Fonte: Diário da Rússia

    16 de novembro de 2011

    El Corte Inglés lanzará o vindeiro día 25 de novembro un novo lector de libros electrónicos que mide 166,66 x 114 x 10 milímetros, pesa 190 gramos e destaca por contar con menús en español, inglés, francés, alemán, italiano, neerlandés, catalán, éuscaro e galego.

    Fonte: Código Cero

    16 de novembro de 2011

    A lingua galega consolídase nos programas académicos das universidades de Alemaña e reforza, deste xeito, a súa proxección e recoñecemento internacionais a través da docencia, da investigación e das actividades de promoción do idioma, da literatura e da cultura de Galicia. Á consecución deste obxectivo contribúe o novo Centro de Estudos Galegos (CEG) da Universidade de Heidelberg, que foi inaugurado polo secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    16 de novembro de 2011

    O conselleiro de Benestar Social e Familia da Generalitat de Catalunya, Josep Lluís Cleries, apostou por priorizar o ensino do catalán aos inmigrantes para favorecer a cohesión social e garantir unha rápida incorporación na sociedade.

    Fonte: La Vanguardia

    16 de novembro de 2011

    O Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) achegará este ano unha cantidade de 60 000 euros para actuacións relacionadas coa promoción do coñecemento da lingua catalá do persoal da Administración Xeral do Estado destinada en Baleares.

    Fonte: Europa Press

    16 de novembro de 2011

    Especialistas da lingua en Estonia están preocupados pola deterioración que esta está a sufrir entre a mocidade estoniana e afirman que as escolas deberían impoñer normas máis estritas.

    Fonte: ERR

    15 de novembro de 2011

    A Rede de Dinamización Lingüística está a preparar o deseño do programa de actividades que poñerá en marcha durante o próximo ano para promover a extensión social do galego desde o ámbito local.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder