Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de novembro de 2011

    Os medios de comunicación en éuscaro de Navarra e Topagunea, federación de asociacións a favor do éuscaro, denuncian os recortes aos que novamente os somete Euskarabidea, Instituto Navarro do Éuscaro.

    Fonte: Xornal de Galicia

    09 de novembro de 2011

    O autor Amadeu Ferreira, un dos principais impulsores da lingua mirandesa, acaba de publicar a Biblia nesta lingua. Ls Quatro Eibangeilhos, que así se chama a obra en mirandés, é o resultado dunha tradución realizada entre 2001 e 2004 a partir do latín.

    Fonte: TVNET

    09 de novembro de 2011

    Cada vez máis cidadáns cubanos están interesados en aprender chinés mandarín motivados pola crecente alianza económica e política entre os Gobernos de China e Cuba.

    Fonte: Telemundo 51

    09 de novembro de 2011

    Unha ferramenta que permite conxugar os verbos galegos en liña. Este é o proxecto que presenta Cilenis, unha nova empresa dedicada ao procesamento da linguaxe e á enxeñería lingüística. A iniciativa pretende facilitar a conxugación de todos os verbos en galego "mesmo os que non aparecen nos dicionarios".

    Fonte: Culturagalega.org

    09 de novembro de 2011

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para promover a celebración do Día das Letras Galegas 2012 nos centros educativos. Con este obxectivo, propón a elaboración dunha exposición arredor da obra, da época e da lingua de Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado o 17 de maio do ano que vén, así como da situación sociolingüística do momento no que viviu.

    Fonte: Xunta de Galicia

    09 de novembro de 2011

    Creouse un espazo neste centro comercial para ofertar películas dobradas ao asturiano. Nel pódense atopar copias de As viaxes de Gulliver e O terceiro home, ás que se unirán copias de McLintock e unha edición especial de A noite dos mortos viventes. O éxito de vendas “levou a que en pouco máis de dous meses fixeran falta neste establecemento tres remesas de películas”.

    Fonte: Asturnews

    09 de novembro de 2011

    O conselleiro de Cultura da Junta de Andalucía, Paulino Plata, presentou en Atarfe (Granada) a obra Unha viaxe pola historia e lendas do mundo, primeira crónica da humanidade realizada tanto en versión escrita coma en lingua de signos española.

    Fonte: El Ideal

    08 de novembro de 2011

    O fomento da educación preescolar e primaria en lingua gaélica constitúe a principal iniciativa do condado escocés de North Lanarkshire para tentar inverter o declive da lingua nativa de Escocia.

    Fonte: Evening Times

    08 de novembro de 2011

    Unha ambiciosa iniciativa do Ministerio de Educación vietnamita obrigará a máis de 80 000 profesores das escolas públicas de Vietnam a acadar un nivel intermedio de inglés e aprobar un exame que o demostre co fin de garantir que todos os estudantes que rematen o ensino secundario teñan coñecementos sólidos da lingua inglesa de aquí a 2020.

    Fonte: The Guardian

    08 de novembro de 2011

    Logo da ampla participación acadada en 2010, o certame Minicontos De Luns a Venres Outono celebra a súa segunda edición co fin de continuar fomentando a lingua e a literatura galegas a través dos medios de comunicación.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder