A Cámara de Comercio de Santiago organiza este ano a convocatoria do premio Manuel Beiras, que recoñece o labor das empresas compostelás no proceso de normalización do uso do galego.
Fonte: La Voz de Galicia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Cámara de Comercio de Santiago organiza este ano a convocatoria do premio Manuel Beiras, que recoñece o labor das empresas compostelás no proceso de normalización do uso do galego.
Fonte: La Voz de Galicia
O mércores día 9 de novembro de 2011 sae, a través de internet, Ciencies. Cartafueyos asturianos de Ciencia y Teunoloxía, unha revista de formato dixital e periodicidade anual, dedicada á divulgación do coñecemento científico e tecnolóxico, e editada integramente en lingua asturiana.
Fonte: 20 minutos
O Goberno permitirá a libre elección de lingua en Educación Infantil e Primaria a partir do próximo curso escolar, e ampliarao a Secundaria cando eliminen a débeda de 35 millóns de euros coa que conta actualmente o Departamento de Educación, Cultura e Universidades.
Fonte: Diario de Ibiza
A Federación Nacional de Educación en Portugal alertou que o Goberno prevé a redución do número de cursos de portugués no estranxeiro, o que terá como consecuencia o incremento do desemprego docente.
Fonte: Público
Algúns dos máis importantes pedagogos de Malaisia reclaman que o inglés siga sendo a lingua de instrución das materias de ciencias e matemáticas nas escolas públicas, ante o temor de que sexa substituído pola lingua nacional. Defenden que non se pode negar a importancia da lingua inglesa e que a política educativa ten que estar en mans dos profesionais educativos e non dos políticos.
Fonte: The China Post
O programa Parellæs volve ofrecer ao alumnado interesado a posibilidade de realizar intercambios lingüísticos entre galego e catalán, a través dos e das estudantes orixinarios do ámbito lingüístico catalán que actualmente estudan na Universidade de Santiago de Compostela, así como ao alumnado galego que cursa estudos de catalán.
Un total de 1732 persoas obtiveron a certificación oficial de coñecemento da lingua galega no que vai de ano. Esta cifra correspóndese co número de aprobados nos exames de Certificación de lingua galega (Celga) realizados na convocatoria de xuño de 2011.
Fonte: Xunta de Galicia
A Sección de Lingua Castelá creada no Departamento de Educación terá como obxectivo fundamental impulsar entre os alumnos a mellora da comprensión lectora e da competencia comunicativa oral e escrita nesta lingua, para o que se elaborarán novos materiais didácticos en distintos formatos.
Fonte: Xornal de Galicia
O Consello de Goberno deu o visto e prace a un convenio entre a Consellería de Educación, Formación e Emprego e o Ministerio de Educación para a mellora da aprendizaxe de linguas estranxeiras. O acordo, que supón un investimento de 895 142 euros, permitirá mellorar o ensino doutro idioma e reforzar as competencias lingüísticas de alumnos e profesores da rexión.
Fonte: Europa Press
A Axencia Rexional para a Lingua Friulana publicou en seis volumes o Grant Dizionari Bilengâl Talian Furlan (Gran Dicionario Bilingüe Italiano-Friulano). A obra, que tamén se difunde nun CD e en liña, constitúe actualmente o maior investimento en materia de lingua friulana da rexión de Friuli-Venecia Giulia.
Subscríbase ao boletín