Un plan para rebaixar o actual status do árabe como lingua oficial alimenta o clima de tensión en Israel.
Fonte: Aljazeera
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un plan para rebaixar o actual status do árabe como lingua oficial alimenta o clima de tensión en Israel.
Fonte: Aljazeera
Un total de 40 persoas integra o curso para a formación de intérpretes de linguas indíxenas no estado mexicano de Puebla, no que se impartirán cinco linguas: náhuatl, mazateco, otomí, popoloca e totonaco. O obxectivo é garantir o dereito dos indíxenas a contar cun intérprete para defenderse.
Fonte: TV3 Puebla
O Ministerio de Comercio, Industria e Turismo de Colombia anunciou un plan para ensinar inglés a 7000 provedores de servizos turísticos de todo o país ata 2015 coa esperanza de facer de Colombia un destino turístico de renome mundial.
Fonte: Colombia Reports
A Universidade de León iniciou o seu «Curso de preparación de lingua e cultura españolas» no que preto de 120 alumnos estranxeiros que estudarán este ano no centro mellorarán a súa comprensión do castelán.
Fonte: Diario de León
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón pon en marcha o 2º Concurso de Monólogos "Que me dis!!". Este concurso, que ten como obxectivo promover o emprego da lingua galega nas novas tecnoloxías entre a cidadanía, consiste na gravación de monólogos, tanto en formato vídeo coma audio, que serán colgados na páxina web do concello.
Fonte: Concello de Narón
O portavoz do partido Foro Asturias de Siero, Eduardo Martínez Llosa, pediulle ao Concello un orzamento maior para a rotulación toponímica, para a que este ano se conta cunha subvención do Goberno de Asturias de 1892 euros.
Fonte: Asturnews
O secretario do Goberno, Tzvi Hauser, invitou os cidadáns a presentar formas de conservar e promover a lingua hebrea. A invitación estendeuse a través da páxina de Facebook da oficina do primeiro ministro, ademais de noutras páxinas web. Hauser liderará un equipo especial que buscará xeitos de conservar e fomentar o idioma hebreo e analizará as suxestións presentadas.
Fonte: Israel National News
Un total de 110 centros educativos galegos contarán este curso 2011/2012 coa denominación de plurilingües, o dobre que o anterior.
Fonte: La Voz de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, visitou o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) co fin de reunirse cos bolseiros e as bolseiras que se incorporaron ao centro o mes de agosto.
Fonte: Xunta de Galicia
O Consello de Goberno do Executivo vasco aprobou a regulación da concesión de axudas económicas aos Centros Vascos-Euskal Etxeak polos cursos de éuscaro correspondentes ao período comprendido entre outubro de 2011 e setembro de 2012, por un importe total de 230.000 euros.
Fonte: Europa Press
Subscríbase ao boletín