Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de marzo de 2011

    Os Axóuxeres 2010-2011 despediron a fin de semana pasada unha programación que percorreu as sete cidades e outros doce concellos con música, cantigas, xogos e teatro en galego para os bebés e as súas familias.

    Fonte: Xunta de Galicia

    29 de marzo de 2011

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística levou a cabo en 2010 “un amplo labor de planificación e xestión de programas de dinamización, de formación e de visibilización da lingua galega”. Así o afirmou o responsable do departamento, Anxo Lorenzo, que deu conta no Parlamento das principais iniciativas impulsadas o pasado ano pola secretaría xeral.

    Fonte: Xunta de Galicia

    29 de marzo de 2011

    O Goberno malaisiano pretende incrementar o número de profesores de mandarín no ensino en todo o país. O primeiro ministro, Najib Razak, indicou que o plan é parte dos esforzos que está a facer o goberno por incidir na preservación da cultura chinesa e recoñecer o programa baseado nos Certificados Unificados de Exames nas escolas de lingua vernácula chinesa.

    Fonte: New Straits Times

    28 de marzo de 2011

    Unha campaña iniciada en Nova Zelandia demanda que algunhas linguas orixinarias do Pacífico sexan declaradas oficialmente idiomas minoritarios no país insular. Un total de 4.000 persoas asinaron xa a petición dirixida ao parlamento en apoio do niuano, o maorí das Illas Cook, o toquelauano, o samoano e o tongano.

    Fonte: Radio New Zealand

    28 de marzo de 2011

    Preto de 10.000 alumnos participarán nos cursos de inmersión en lingua inglesa, que inicia a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) nas súas sedes. Todos os alumnos contan cunha bolsa do Ministerio de Educación para realizar estes cursos, que se desenvolven ata decembro.

    Fonte: El Faro Digital

    28 de marzo de 2011

    Cidadáns indíxenas residentes no Distrito Federal de México esixen atención sanitaria, educación e xustiza nas súas linguas nativas, en cumprimento das leis que protexen os dereitos das comunidades indíxenas.

    Fonte: El Universal

    27 de marzo de 2011

    O líder espiritual hindú, Swami Ramdev, apoiou a consideración das linguas rexionais konkani e maratí como linguas de instrución nas escolas do estado indio de Goa. A súa reacción de apoio prodúcese no medio dun fervoroso debate sobre a posibilidade de converter o inglés na principal lingua da educación pública do estado indio.

    Fonte: Prokerala News

    27 de marzo de 2011

    A Academia Mexicana da Lingua proporalles ás Cámaras de Deputados e Senadores mexicanas unha reforma constitucional para declarar o español como lingua oficial do país. A proposta será compatible coa posibilidade de que as linguas indíxenas sexan declaradas oficiais nas súas respectivas zonas de influencia.

    Fonte: Galicia Hoxe

    27 de marzo de 2011

    Un grupo de lingüistas chineses gravará voces de falantes do dialecto de Xangai como parte dun proxecto que pretende a creación dunha base de datos de dialectos locais co fin de protexer a diversidade lingüística do país asiático.

    Fonte: O outro lado da notícia

    25 de marzo de 2011

    A Real Academia Española e a patronal do sector das tecnoloxías da información e as comunicacións (Ametic) adheriranse, durante a celebración da décima reunión do Club Málaga Valley, á Declaración para promover o uso do español na rede, que tamén asinaron en outubro de 2010 empresas coma Telefónica, IBM; Oracle, Red.es ou o Grupo PRISA, editor de El País.

    Fonte: El País

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder