O parque nacional escocés do Loch Lomond e Trossachs levará a consulta o borrador do seu programa sobre a lingua gaélica, no que explicará como promoverá o uso da lingua nativa tanto nas autoridades como no propio parque. Segundo a Lei da lingua gaélica do ano 2005, os organismos públicos están obrigados a crear programas de lingua gaélica que garantan un futuro para o gaélico escocés por medio da mellora do seu status e a creación de oportunidades para o seu uso.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Na provincia chinesa de Qinghai, no noroeste do país, formaranse, ata 2015, 5.500 profesores bilingües para ensinar chinés e linguas das minorías étnicas, principalmente tibetano, en escolas de ensino primario e secundario.
Fonte: News.Xinhuanet.com
A Fundación da Lingua Española puxo en marcha dúas novas ferramentas didácticas, baseadas nas tecnoloxías da información, para estender a nivel internacional a aprendizaxe do español grazas a un portal web e a unha emisora de radio.
Fonte: El Mundo
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, incidiu no programa Bocaberta como unha aposta do seu departamento pola dinamización do galego a través das entidades locais e como un “exemplo de cooperación cos concellos no fomento do uso do idioma”.
Fonte: Xunta de Galicia
O Consello Xeral do departamento francés dos Pirineos Atlánticos e a súa Inspección Académica asinaron un convenio para promover o ensino en lingua occitana. No concello de Billère abrirá unha escola bilingüe, a primeira da zona.
Fonte: La République des Pyrénées
O catalán sumouse ás máis de 40 linguas nas que se oferta o portal de vídeos YouTube, xestionado por Google.
Fonte: El Mundo
A Academia da Lingua Asturiana (ALLA) organiza dúas convocatorias anuais de coñecemento da lingua nas que se poden avaliar os coñecementos básicos de asturiano. A institución ten aberta a convocatoria de xaneiro, que se celebrará o día 29, con dúas partes, unha de lingüística e outra de lingua e sociedade, que inclúen unha proba escrita e outra oral.
Fonte: Asturnews
Música, palabra, teatro, cantigas tradicionais e moitos xogos. Os Axóuxeres regresan con forza para facer gozar os máis pequeniños da casa coa lingua galega. E fano retomando a edición 2010-2011 deste programa co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística pretende favorecer a incorporación do galego á comunicación entre as familias e os bebés.
Fonte: Xunta de Galicia
O xefe dos Servizos de Lingua Nacional do Instituto Nacional de Investigación e Desenvolvemento da Educación (INIDE), António Chamuongo, afirmou que neste ano lectivo se consolidará o ensino das linguas nacionais na educación primaria. O Ministerio da Educación e o Departamento de Linguas Nacionais elaborou manuais para o ensino do umbundu, kimbundu, kikongo, kwanhama, ianeka, chokwe e nganguela.
O modelo está pensado para analizar calquera situación de bilingüismo e será publicado proximamente no New Journal of Physics. A última versión deixa aberta unha fiestra á esperanza da pervivencia da lingua propia de Galicia en forma de bilingüismo estable.
Fonte: Galicia Hoxe
Boletín
Subscríbase ao boletín
