Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de febreiro de 2011

    O Goberno vasco porá en marcha no curso 2011-2012 o proceso para conceder titulacións homologadas de éuscaro aos alumnos do "modelo D", é dicir, aqueles que estudan integramente nesta lingua, sen necesidade de que se sometan a exames específicos para as acreditacións oficiais de coñecemento do éuscaro.

    Fonte: eitb

    02 de febreiro de 2011

    Dous investigadores do Departamento de Educación Especial da Universidade de Haifa desenvolveron un estudo que mostra que os alumnos que coñecen dúas linguas teñen máis facilidades para acadaren o dominio dunha terceira cás persoas monolingües.

    Fonte: OneIndia

    02 de febreiro de 2011

    Representantes de Escola Valenciana e da Consellería de Educación reuníronse por primeira vez en dous anos para falar sobre o modelo plurilingüe de ensino na Comunidade Valenciana, segundo informou a asociación nun comunicado.

    Fonte: ABC

    02 de febreiro de 2011

    Ata 40.000 persoas se inscribiron nalgún dos cursos de catalán que organizou o Consorcio para a Normalización Lingüística de Barcelona durante o ano 2010. A gran maioría, un 72 %, son persoas de orixe estranxeira.

    Fonte: Avui

    02 de febreiro de 2011

    Galeguizargalicia.tv, a canle creada recentemente polos grupos que integran galeguizargalicia.com, ten como obxectivo difundir vídeos das súas actividades a favor da lingua galega.

    Fonte: galeguizargalicia.tv

    01 de febreiro de 2011

    O ministro cimbabués de Educación, David Coltart, defendeu a necesidade de contar con profesores que sexan competentes nas linguas locais sesotho, venda, kalanga e ndebele nas rexións Matabeleland. "Os alumnos deben poder aprender na lingua que os seus pais falan con eles, xa que constitúe a base da súa aprendizaxe. Se non lles dan esa oportunidade, a súa educación verase prexudicada", afirmou.

    Fonte: News Day

    01 de febreiro de 2011

    O futuro do español está garantido, sobre todo nos Estados Unidos. Así o manifestou o lingüista e secretario xeral da Asociación de Academias da Lingua Española, Humberto López Morales, ao afirmar que esta é “hoxe a cuarta lingua máis falada do planeta” e “é moi posible que en tres ou catro xeracións o 10 por cento da poboación mundial se entenda en español”.

    Fonte: Levante-emv.com

    01 de febreiro de 2011

    Bocaberta, o programa de dinamización do galego que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística para rapaces e rapazas de 3 a 18 anos, visitará nos próximos días 28 localidades das catro provincias galegas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    01 de febreiro de 2011

    O escritor Miguel Rojo, que presenta en Valladolid a súa última novela, A folla do ginkgo biloba, asegurou a Efe que a lingua asturiana "se atopa na UVI e en estado de coma”, ao non gozar da “protección suficiente”.

    Fonte: ABC

    01 de febreiro de 2011

    O Goberno vasco e a Oficina Pública da Lingua Vasca francesa firmaron un acordo de colaboración en materia de éuscaro co obxectivo de potenciar o número de falantes de vasco no País Vasco francés.

    Fonte: ABC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder