Trátase dunha iniciativa académica da área de Catalán do Departamento de Filoloxía Galega para o intercambio lingüístico galego-catalán e catalán-galego entre alumnos da Universidade de Santiago de Compostela que falen estas dúas linguas e desexen aprender, practicar ou mellorar as súas destrezas nestes idiomas.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Miles de persoas tiveron ocasión de coñecer de preto a lingua galega no marco da Expolingua de París, que pechou as portas da súa vixésimo novena edición.
Fonte: Xunta de Galicia
Os Axóuxeres 2010-2011 proseguen o seu percorrido polas catro provincias galegas para facer gozar os bebés e as súas familias coas cantigas, a música, o teatro e os xogos en galego.
Fonte: Xunta de Galicia
O responsable de Política Lingüística cualificou de “imprescindible” o papel dos municipios para impulsar a difusión do uso do idioma desde o ámbito local.
Fonte: Xunta de Galicia
A lei recoñece (desde 2007) o dereito a que as persoas xordas dispoñan dos recursos necesarios para desenvolverse en calquera aspecto da vida, implantando nos centros públicos un servizo de interpretación en lingua de signos, pero coa crise o seu desenvolvemento, que era lento, volveuse aínda máis lento.
Fonte: ADN
Pasaron case dúas décadas desde que o primeiro programa de Mintzapraktika se puxo en marcha en San Sebastián. Na actualidade, hai máis de medio centenar de programas en funcionamento e, aínda que a maioría corresponde a iniciativas de ámbito local implantadas por asociacións tamén locais que traballan na promoción do uso do éuscaro, non faltan empresas, hospitais ou centros educativos que levaron á práctica os seus propios programas.
O Goberno francés rexeitou de novo unha lei a favor das linguas rexionais en Francia. O deputado socialista alsaciano Armand Jung declarou ao ministro de Educación na Asemblea Nacional que a referencia ás linguas rexionais na constitución francesa é "unha farsa".
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) engadiu o dialecto jeju ao seu atlas das linguas en perigo. O organismo internacional afirmou nun comunicado que o jeju “é unha lingua seriamente ameazada e que conta con non máis de 10.000 falantes na Illa de Jeju na República de Corea do Sur".
Fonte: The Jeju Weekly
Aínda que o árabe é a segunda lingua máis falada de Francia, está escasamente representada na educación pública. No ano 2009, só 6.000 alumnos (dun total de 5 millóns) cursaron clases nesta lingua, unha porcentaxe do 0,1 % que parece insignificante se a comparamos co 97,9 % dos alumnos que cursaron inglés ou o 41 % que cursou español.
Fonte: Le Figaro
Por primeira vez desde 1993, a lingua corsa escoitarase durante o festival da canción de Eurovisión. Amaury Vassili, o representante francés deste ano, realizará a súa intervención musical nesta lingua.
Fonte: Esctoday.com
Boletín
Subscríbase ao boletín