Microsoft presentou o primeiro produto da compañía en valenciano “CLIP” (Captions Language Interface Pack), que permitirá aos usuarios dispor dunha tradución ao valenciano dos menús de Windows 7 e Office 2010.
Fonte: Europa Press
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Microsoft presentou o primeiro produto da compañía en valenciano “CLIP” (Captions Language Interface Pack), que permitirá aos usuarios dispor dunha tradución ao valenciano dos menús de Windows 7 e Office 2010.
Fonte: Europa Press
O secretario xeral do Partido Socialista do País Valenciano (PSPV) e candidato á Presidencia da Generalitat, Jorge Alarte, e o presidente de Escola Valenciana, Vicent Moreno, acordaron “fomentar a educación en valenciano como unha aposta polo plurilingüismo e a calidade do ensino”.
Contribuír coa política lingüística universitaria en Galicia para favorecer a presenza do galego neste espazo académico. Este é o principal obxectivo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria coa súa incorporación á Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
A Mesa pola Normalización Lingüística, que integra máis de 4.000 socios, enviou unha queixa á institución do Defensor del Pueblo para lle demandar que permita presentar escritos en galego e, ademais, para que corrixa o "uso moi desleixado" que fai da lingua galega no seu espazo web.
Fonte: Galicia Hoxe
O Ministerio de Sanidade de Israel presentou unha directiva que explica os novos requisitos lingüísticos para o sistema público de saúde. A sinalización de cada centro sanitario deberá aparecer, ademais de en hebreo, en inglés e árabe. Outros formularios e anuncios deberán traducirse tamén ao amárico para os emigrantes etíopes e as traducións serán facilitadas por intérpretes médicos ou falantes das diferentes linguas estranxeiras.
Fonte: The Jerusalem Post
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; o director xeral da Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes; e o delegado de Gas Natural Fenosa en Galicia, Luis Díaz, presentaron a undécima edición do Premio de Ensaio Ramón Piñeiro.
Fonte: Xunta de Galicia
Bocaberta 2010-2011, o programa de dinamización do uso do galego que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística para os mozos e mozas de 3 a 18 anos, acada 400 actividades realizadas desde o seu inicio, o pasado mes de outubro.
Fonte: Xunta de Galicia
O Goberno vasco acudiu á Feira Expolangues de París para reunirse cos responsables deste evento dos idiomas e lograr un acordo para que o éuscaro sexa a lingua invitada na edición de 2013.
Fonte: Europa Press
A Fundación Comillas impartirá desde o 7 de marzo un novo curso sobre o ensino do español como lingua estranxeira, concretamente sobre as dinámicas de traballo para aplicar na aula.
Fonte: Europa Press
A Facultade de Lingua e Literatura da Universidade de Catania reclamou, por medio dunha petición pública dirixida ao presidente da República, Giorgio Napolitano, a promoción da aprendizaxe das linguas estranxeiras en Italia e a creación dun observatorio permanente do estado do ensino das linguas.
Fonte: Step1
Subscríbase ao boletín