Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de febreiro de 2011

    Un grupo de arredor de 200 estudantes de lingua irlandesa congregouse na sede do partido Fine Gael para protestar contra a iniciativa que aspira a converter o irlandés en lingua optativa no ensino. Os manifestantes cubriron a súa boca con cinta adhesiva nun acto simbólico contra a proposta que consideran "totalmente prexudicial para a lingua".

    Fonte: Irishtimes

    15 de febreiro de 2011

    Co desexo de adecuar a toponimia á Lei de normalización lingüística, o Concello de Porto do Son entende que o máis apropiado é non limitarse unicamente aos nomes de aldeas e lugares, senón tamén estendelo ás igrexas.

    Fonte: La Voz de Galicia

    15 de febreiro de 2011

    Música, moita maxia e múltiples obradoiros. Esta é a proposta do programa de dinamización lingüística Bocaberta para facer gozar os rapaces e rapazas dos 3 aos 18 anos nos próximos días.

    Fonte: Xunta de Galicia

    15 de febreiro de 2011

    Xunta Moza, a sección de xuventude da Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana, convoca a segunda edición do concurso literario “Declara o teu amor pola lingua”, con motivo do Día Internacional da Lingua Materna.

    Fonte: 20 minutos

    15 de febreiro de 2011

    Grazas a un único programa lingüístico os alumnos dalgunhas escolas públicas de Portland, no estado estadounidense de Oregón, están inmersos na lingua xaponesa desde a gardería ata o ensino secundario. A intención dos programas de inmersión lingüística é que os estudantes estean rodeados da lingua e isto resulta beneficioso para eles, xa que tanto o seu rendemento académico, como a súa habilidade para aprender unha terceira ou unha cuarta lingua son maiores.

    Fonte: WRAL.com

    14 de febreiro de 2011

    Galego, 30; castelán, 66. Tal sería o titular redondo para ilustrar como se reparte o uso dos idiomas na docencia da Universidade de Santiago de Compostela, tal como informa un documento difundido en O Cartafol Dixital, publicación do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago.

    Fonte: Galicia Hoxe

    14 de febreiro de 2011

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP), vén de convocar cursos de linguaxe administrativa galega para o persoal da Administración pública de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    14 de febreiro de 2011

    O programa dos Axóuxeres enche a fin de semana de música, xogos, teatro e cantigas en galego para os nenos e nenas de 0 a 3 anos e para as súas familias.

    Fonte: Xunta de Galicia

    13 de febreiro de 2011

    A Norma sobre a Lingua Galesa aprobada pola Asemblea Nacional de Gales en decembro de 2010 garantía o recoñecemento do galés como lingua oficial. Agora, este recoñecemento recibe o visto e prace da Coroa Británica. A polémica norma, que os activistas a prol da lingua criticaron de insuficiente, foi aprobada con motivo dunha reunión do Consello Privado do Reino Unido.

    Fonte: Wales Online

    13 de febreiro de 2011

    Nas escolas de Minneapolis, nos EUA, as disparidades nos logros educativos están relacionadas coas diferenzas lingüísticas dos alumnos, unha situación que frustra a alumnos e profesores. Nalgúns centros, o 70 % do alumnado ten como lingua materna unha lingua diferente do inglés. Ante esta situación os educadores teñen que buscar solucións a un problema que ten que ver máis coas barreiras lingüísticas que coas competencias do alumnado.

    Fonte: StarTribune.com

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder