Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de agosto de 2010

    Euskal Herrian Euskaraz e Bai Euskal Herriari convocaron unha concentración contra a política sobre o éuscaro do Concello de Donostia que, baixo o lema 'Odon, you need Spain, baina gu euskaldunak gara! (Odón, ti necesitas España, pero nós somos vascos), se celebra o venres 20 de agosto.

    Fonte: Deia

    17 de agosto de 2010

    No Líbano, onde as conversas cotiás están salpicadas desde hai tempo con palabras francesas e inglesas, moitos temen que a nova xeración estea perdendo o seu vínculo coa lingua oficial do país: o árabe. Esta cuestión está preocupando a algúns colectivos civís, que buscan tomar medidas.

    Fonte: CTPost

    17 de agosto de 2010

    As Cortes castelás de Valladolid están no proceso de reformar a Lei da comarca do Bierzo e diversos colectivos, entre eles Fala Ceibe, reclaman que no novo texto se recoñeza o galego como idioma natural da rexión.

    Fonte: Galicia Hoxe

    17 de agosto de 2010

    Tras unha longa historia de postergación e unha polémica non exenta de idas e vidas, debátese no Parlamento de Paraguai o proxecto de Lei de linguas, co fin de que se declare lingua oficial o guaraní, en igualdade de condicións co castelán.

    Fonte: Terra

    17 de agosto de 2010

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística favorece a extensión da lingua galega no ámbito universitario a través da colaboración coa Universidade da Coruña, coa Universidade de Santiago de Compostela e coa Universidade de Vigo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    17 de agosto de 2010

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística e o PEN Club de Escritores de Galicia reafirman a súa vontade de cooperar na promoción e difusión da lingua galega. Con este fin, ambas as entidades asinaron un convenio que inclúe a realización de diversas actividades.

    Fonte: Xunta de Galicia

    13 de agosto de 2010

    O hindi podería converterse pronto nunha das linguas oficiais das Nacións Unidas. A India está facendo esforzos para situar a lingua nacional no nivel que lle corresponde, segundo afirmou no Parlamento o ministro de Asuntos Exteriores, S.M. Krishna.

    Fonte: DNA India

    13 de agosto de 2010

    A Consellería de Educación da Junta de Extremadura autorizou a creación de 35 novas seccións bilingües de inglés en 34 centros educativos, de maneira que, para o próximo curso 2010/11, serán 114 as seccións bilingües de inglés ou francés que estarán en funcionamento.

    Fonte: ABC

    13 de agosto de 2010

    O Teléfono da Muller de Galicia está dispoñible en 51 idiomas, co fin de facilitar a atención ás mulleres estranxeiras que viven na comunidade que ‘teñen dificultades’ por descoñecemento do idioma.

    Fonte: Atlántico

    13 de agosto de 2010

    O grupo da Mesa nas Pontes vén de denunciar publicamente o incumprimento por parte do Concello da vila eumesa da ordenanza municipal de uso do galego aprobada por esta mesma institución.

    Fonte: A Mesa pola Normalización Lingüística

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder