Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de xaneiro de 2011

    A Secretaría de Pobos Indíxenas do estado mexicano de Michoacán (SPI) e o Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (INALI) asinaron un acordo para crear un organismo que se centrará na promoción, protección e desenvolvemento das linguas indíxenas.

    Fonte: MiMorelia.com

    24 de xaneiro de 2011

    A Federación de Persoas Xordas de Castela-A Mancha incrementou un 29 por cento o número de usuarios atendidos a través dos seus servizos de interpretación de lingua de signos e mediación social.

    Fonte: ABC

    24 de xaneiro de 2011

    O Museo Sorolla de Madrid puxo en marcha un programa de visitas en lingua de signos española, co fin de achegar a obra do pintor valenciano ás persoas con discapacidade auditiva. Segundo informou na súa web o museo, estas visitas están programadas para o 25 de xaneiro, e para os días 23 de febreiro e 23 de marzo.

    Fonte: lainformación.com

    24 de xaneiro de 2011

    A incorporación da lingua galega ao ámbito das ciencias suma un novo impulso coa publicación do Dicionario de Bioloxía. Esta obra de carácter global, que abrangue toda a Bioloxía, inclúe termos en galego relacionados coa Antropoloxía, a Bioquímica e a Bioloxía Molecular, a Zooloxía, a Botánica, a Fisioloxía, a Xenética, a Microbioloxía, a Ecoloxía, a Bioloxía Celular e o Medio Ambiente.

    Fonte: Xunta de Galicia

    24 de xaneiro de 2011

    A incorporación da lingua galega ao ámbito das ciencias suma un novo impulso coa publicación do Dicionario de Bioloxía. Esta obra de carácter global, que abrangue toda a Bioloxía, inclúe termos en galego relacionados coa Antropoloxía, a Bioquímica e a Bioloxía Molecular, a Zooloxía, a Botánica, a Fisioloxía, a Xenética, a Microbioloxía, a Ecoloxía, a Bioloxía Celular e o Medio Ambiente.

    Fonte: Xunta de Galicia

    24 de xaneiro de 2011

    O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades vén de publicar un novo volume dos seus Cadernos de Fraseoloxía Galega. Trátase do duodécimo número desta revista de investigación fraseolóxica que dirixe Xesús Ferro Ruibal.

    Fonte: Xunta de Galicia

    23 de xaneiro de 2011

    A constitución surafricana aprobada en 1996 establece como oficiais 11 idiomas e considera que non pode existir discriminación por razón de lingua. Porén, nos últimos anos, a importancia do inglés estase facendo preponderante, as novas xeracións falan máis esta lingua e enfróntanse a unha realidade na que as linguas nativas son cada vez menos útiles socialmente.

    Fonte: il Post

    23 de xaneiro de 2011

    O líder da Fronte Progresista India (IPF), partido político que representa a comunidade india en Malaisia, reclamou ao ministerio de finanzas malaisiano a aprobación dunha directiva que garanta o uso da lingua támil nas operacións bancarias.

    Fonte: Newstrack India

    23 de xaneiro de 2011

    Indios americanos de Alasca e a empresa de software Rosetta Stone colaboraron nun proxecto para ensinar a lingua inupiaq, falada con fluidez por 1.500 persoas. O proxecto preservará as voces e competencias lingüísticas dos seus falantes.

    Fonte: UPI.com

    21 de xaneiro de 2011

    Activistas da lingua galesa interromperon a inauguración do centro de arte Pontio en Bangor ante a inexistencia de requisitos de competencia en galés para os candidatos que aspiren a traballar no centro.

    Fonte: Daily Post

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder