Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de xuño de 2010

    Escola Valenciana presentou o pasado 1 de xuño una queixa ante o Síndic de Greuges polos problemas que teñen os pais para matricular os seus fillos en valenciano. O Síndic, José Cholbi, non só acepta a queixa, senón que anuncia a apertura dunha investigación.

    Fonte: El País

    14 de xuño de 2010

    Case un centenar de profesores universitarios subscribiron un manifesto no que critican que o sistema educativo vasco está "tratando de impoñer uns criterios ideolóxicos determinados" que prexudican o éuscaro.

    Fonte: El País

    14 de xuño de 2010

    O lehendakari Patxi López asegurou que vai manter durante o seu mandato unha política de "impulso activo do éuscaro" co fin de avanzar cara a unha sociedade bilingüe, pero precisou que o vai facer sempre de forma "equilibrada" e tendo como principios básicos o respecto á pluralidade e os dereitos lingüísticos de todos os cidadáns.

    Fonte: El Correo

    14 de xuño de 2010

    O Ministerio de Educación aprobou, mediante resolución, o alfabeto do kakataibo, que servirá para impartir clases nas institucións educativas dos departamentos de Ucayali, Huánuco e Loreto (Perú).

    Fonte: InfoRegion

    14 de xuño de 2010

    O fútbol do Mundial difúndese nas once linguas oficiais do país, pero tamén é frecuente escoitar castelán, portugués, italiano e mesmo árabe.

    Fonte: Diario Vasco

    14 de xuño de 2010

    A asemblea lexislativa de Bolivia tomou a resolución de esixirlles aos funcionarios públicos, sobre todo ás autoridades xudiciais, que dominen algunha lingua aborixe para evitar que os litigantes indíxenas, ademais de cargar co peso dun proceso legal, deban afrontar a limitación do idioma.

    Fonte: teleSUR TV

    14 de xuño de 2010

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de anunciar a convocatoria de subvencións para a creación de material educativo en lingua galega. As axudas están dirixidas, concretamente, á elaboración e edición en galego de material didáctico curricular para niveis non universitarios, en soporte impreso ou dixital.

    Fonte: Xunta de Galicia

    14 de xuño de 2010

    O catalán xa é lingua cooficial xunto ao francés no Concello de Perpiñán. Decidiuno o pleno municipal da cidade por unanimidade. A decisión ten o obxectivo de garantir a pervivencia e a transmisión da lingua catalá, e asegurar a súa presenza nos diversos campos da vida pública e social de Perpiñán.

    Fonte: La Vanguardia

    11 de xuño de 2010

    Os sorabios son a etnia eslava máis pequena do mundo. Tan só arredor de 60.000 sorabios viven nos estados alemáns de Saxonia e Brandemburgo, e a súa lingua estase extinguindo. A xeración máis vella é a última que fala sorabio na casa.

    Fonte: Deutsche Welle

    11 de xuño de 2010

    Unha campaña que está a levar a cabo o Goberno de Estonia intenta elevar o status do estoniano e marxinar a lingua do antigo colonizador, Rusia.

    Fonte: Último Segundo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder