Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de xuño de 2010

    A Comisión Mixta Congreso-Senado para a UE rexeitou unha moción de CiU na que se pide promover unha reforma do regulamento lingüístico comunitario para que o catalán, o galego e o éuscaro sexan oficiais nas institucións europeas.

    Fonte: EcoDiario

    16 de xuño de 2010

    A Universidade de Salamanca puxo en marcha unha Mesa de Política Lingüística destinada ao fomento da diversidade lingüística e cultural e á potenciación da aprendizaxe de idiomas por parte da comunidade universitaria.

    Fonte: ABC

    16 de xuño de 2010

    O Concello de Pontevedra e os centros de ensino do municipio desenvolven a campaña conxunta "A escola, unha oportunidade para aprender", coa que convidan as familias á reflexión sobre a necesidade da súa implicación para que as súas fillas e os seus fillos poidan adquirir plena competencia en lingua galega.

    Fonte: CTNL

    16 de xuño de 2010

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia participou estes días no encontro que a Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD) organizou en Donostia e que tivo como eixe temático a aprendizaxe e o ensino de linguas para adultos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    15 de xuño de 2010

    A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca os Premios de Innovación en Dinamización Lingüística, unha iniciativa dirixida aos centros de titularidade desta consellería que busca fomentar o desenvolvemento de proxectos educativos innovadores que favorezan o uso da lingua galega.

    Fonte: Xunta de Galicia

    15 de xuño de 2010

    Todos os inmigrantes de fóra de Europa no Reino Unido deberán aprobar un exame básico de lingua inglesa antes de que se lles conceda un visado, segundo as novas normas anunciadas polo Goberno.

    Fonte: CNN

    15 de xuño de 2010

    Valladolid vai abrir, antes do final do verán, unha Oficina da Lingua destinada a promover a capital de Castela e León como lugar de ensino do idioma español para estudantes estranxeiros.

    Fonte: Expreso

    15 de xuño de 2010

    A primeira edición do "Charraire Fest", celebrado o pasado 12 de xuño en Panticosa, presentouse como unha xornada participativa con múltiples actividades festivas e culturais arredor da "realidade trilingüe aragonesa".

    Fonte: Diario del Alto Aragón

    15 de xuño de 2010

    Estes comicios celébranse menos de dous meses despois da caída do goberno do democristián flamengo Yves Leterme pola incapacidade dos seus dirixentes para acordar un estatuto lingüístico na periferia de Bruxelas.

    Fonte: Euronews

    15 de xuño de 2010

    A Secretaría de Política Lingüística da Consellería da Vicepresidencia da Generalitat de Catalunya abriu un espazo dentro da web 'Llengua Catalana' para que as empresas incorporen actuacións relacionadas co fomento do uso do catalán nos seus programas de responsabilidade social.

    Fonte: Europa Press

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder