O primeiro ministro de China, Wen Jiabao, celebrou a decisión do Consello Central de Educación Secundaria da India de introducir o chinés como idioma estranxeiro no currículo das escolas do país a partir do vindeiro curso académico.
Fonte: Sify
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O primeiro ministro de China, Wen Jiabao, celebrou a decisión do Consello Central de Educación Secundaria da India de introducir o chinés como idioma estranxeiro no currículo das escolas do país a partir do vindeiro curso académico.
Fonte: Sify
A Asemblea Nacional de Armenia aprobou un polémico proxecto de lei do Goberno que permite a existencia dun número limitado de escolas en linguas estranxeiras no país.
Fonte: RFERL
Investigadores da Universidade de Harvard e Google descubriron que o inglés está aumentando a un ritmo de 8500 palabras por ano no novo milenio e que agora se sitúa en 1.022.000 palabras.
Fonte: Telegraph
O Tribunal Supremo (TS) ordenoulle á Generalitat de Catalunya levar a cabo "cantas medidas sexan necesarias" para adaptar o seu sistema de ensino á "nova situación creada" polo ditame sobre o Estatuto que considera o castelán como "lingua vehicular" nos centros docentes da comunidade.
Fonte: Europa Press
O número de falantes habituais de irlandés podería aumentar de 83.000 a 250.000 cun enfoque unificado grazas á estratexia do Goberno para a lingua irlandesa para os próximos 20 anos.
Fonte: Irish Times
A ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, asegurou que o seu Departamento ten nestes momentos traducido o 51 por cento das páxinas web publicadas e informou de que nos últimos 15 meses a cifra de páxinas traducidas ás linguas cooficiais creceu un 25 por cento.
Fonte: El Norte de Castilla
As autoridades chinesas prohibiron que os xornais, os editores e os propietarios de páxinas web utilicen palabras estranxeiras, en especial as do inglés. Isto tamén afecta ás advertencias existentes para a radio e a televisión.
Fonte: EMG
Ramón Máiz Suárez é o gañador da décima edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, un galardón que convocan a Secretaría Xeral de Política Lingüística –a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades– e a Editorial Galaxia, coa colaboración de Gas Natural Fenosa.
Fonte: Xunta de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, anunciou, no encontro informativo provincial sobre esta iniciativa que tivo lugar en Ourense, a próxima constitución da Rede de Dinamización Lingüística, que se levará a cabo no mes de xaneiro.
Fonte: Xunta de Galicia
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, vén de publicar dúas obras que afondan no patrimonio lingüístico e literario galego-portugués.
Fonte: Xunta de Galicia
Subscríbase ao boletín