Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de xuño de 2010

    O xerente do Instituto Castelán e Leonés da Lingua e o conselleiro delegado de Lingus TV asinaron un convenio de colaboración para impulsar a plataforma Micastellano.com. A través deste acordo, ambas as institucións comprométense a unir forzas en materia de colaboración e desenvolvemento conxunto dun método audiovisual de aprendizaxe do español a través de creacións audiovisuais emitidas a través de internet.

    23 de xuño de 2010

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, asistiu por primeira vez á reunión anual da comisión executiva e da asemblea xeral da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo á que están asociadas institucións públicas e entidades privadas de máis de vinte rexións europeas con lingua propia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    23 de xuño de 2010

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística realizará o próximo mes de setembro a convocatoria de axudas a proxectos de fomento do uso do galego nos centros educativos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    23 de xuño de 2010

    O Consello de Europa, a institución máis destacada na defensa dos dereitos humanos e fundamentais de Europa, criticou a un conxunto de países europeos, entre eles Turquía, por non asinar a carta de 1992 que protexe as linguas minoritarias.

    Fonte: Today's Zaman

    23 de xuño de 2010

    O conselleiro de Educación da Generalitat de Catalunya, Ernest Maragall, e a conselleira do Departamento de Educación, Cultura e Deporte de Aragón, María Victoria Broto, asinaron un protocolo para o ensino do catalán desde a etapa primaria ata a universitaria "tendo en conta a vinculación histórica, cultural e lingüística entre as dúas comunidades".

    Fonte: Vilaweb

    22 de xuño de 2010

    O Instituto Nacional para a Educación dos Adultos (INEA) elabora novos materiais en lingua indíxena, co fin de brindarlles un servizo de máis calidade ás case 69 mil persoas que instrúe nos pobos orixinarios do país.

    Fonte: Diario de Yucatán

    22 de xuño de 2010

    Un informe elaborado por investigadores universitarios, en colaboración coa Academia Valenciana da Lingua, sobre 5.000 enquisas a alumnos, profesores e persoal de administración e servizos (PAS) revela que o 53,7 % dos alumnos recibe todas as clases en castelán, mentres que só un 1,8 % estuda integramente en valenciano.

    Fonte: El País

    22 de xuño de 2010

    A situación o éuscaro en Navarra volve ser centro de atención no Parlamento Europeo. O intergrupo de Minorías tradicionais, nacionalidades e linguas da Eurocámara analiza a política lingüística do Goberno foral.

    Fonte: Noticias de Navarra

    22 de xuño de 2010

    A Universidade do País Vasco (UPV/EHU) e Euskaltzaindia (Academia da Lingua Vasca) asinaron un novo convenio de colaboración polo que ambas as institucións se comprometen a promover e impulsar a investigación do éuscaro, segundo informaron.

    Fonte: El Correo

    22 de xuño de 2010

    O español xa é a segunda lingua materna máis falada no mundo, con máis de 416 millóns de falantes nativos. Segundo o último informe do Instituto Cervantes, converteuse tamén no segundo idioma de comunicación internacional, e no terceiro máis utilizado en internet.

    Fonte: Clarín

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder