Está na rede Phonogal, un conversor fonético automático para galego que xera a transcrición fonética e mais a estrutura silábica de palabras escritas tanto en galego como con ortografía portuguesa.
Fonte: CTNL
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Está na rede Phonogal, un conversor fonético automático para galego que xera a transcrición fonética e mais a estrutura silábica de palabras escritas tanto en galego como con ortografía portuguesa.
Fonte: CTNL
O Instituto Vasco Etxepare, dependente do Departamento de Cultura vasco, abriu a convocatoria para a selección de lectores de lingua e cultura vascas para catro universidades de Chile e unha de Arxentina, para os cursos académicos 2011, 2012 e 2013.
Fonte: 20minutos
O eyak converteuse no primeiro idioma "extinto" de Alaska cando a derradeira falante nativa, Marie Smith Jones, faleceu en xaneiro de 2008. Agora, case tres anos despois, hai un novo e ambicioso esforzo para facer que o eyak sexa o primeiro idioma de Alaska en revitalizarse, segundo unha nota de prensa.
Fonte: The Bristol Bay Times
O Goberno vasco e Eudel (Asociación de Municipios Vascos) asinaron un acordo sobre o financiamento dos euskaltegis municipais para o curso 2010-2011, polo que o Executivo destinará 11.282.350 de euros ao custo dos soldos brutos e á antigüidade dos profesores.
Fonte: Europa Press
Alemaña promoverá a súa lingua no estranxeiro cunha serie de campañas publicitarias para animar a xente a aprender alemán, tal e como afirmou o ministro de Cultura e Medios de Comunicación.
Fonte: Monsters and Critics
A obra, Galicia en Euskadi, foi presentada nas xornadas de formación para os lectores de galego que vén de organizar a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
Escola Valenciana denunciou que só 774 centros dos 1.726 centros públicos e privados de infantil e de primaria que hai na Comunidade Valenciana, o 44,8 por cento, ofrecen programas de ensino en valenciano.
Fonte: ABC
O Goberno valenciano investiu en actividades de promoción do valenciano un total de 17,7 millóns de euros nos últimos tres anos, segundo o conselleiro de Educación, Alejandro Font de Mora.
Fonte: ABC
Uns 130 alumnos estranxeiros non castelanfalantes matriculados na ESO (12-16 anos) asisten a clases para aprender español nos seus colexios ou institutos en Navarra.
Fonte: Diario de Navarra
Fixi aplicará a partir do vindeiro ano novos regulamentos que prohiben o uso de linguas estranxeiras nos produtos de alimentación. Segundo a páxina web Fijivillage, o Ministerio de Sanidade publicou unha directiva que obriga a todos os vendedores e comerciantes polo miúdo a retirar do mercado os produtos de alimentación etiquetados nunha lingua estranxeira.
Fonte: RNZI
Subscríbase ao boletín