Quince familias galegas asesoradas por Galicia Bilingüe levarán a Xunta aos tribunais para reclamar un ensino integramente na súa lingua materna para os seus fillos, alumnos do primeiro ciclo de primaria (6 e 7 anos).
Fonte: El Correo Gallego
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Quince familias galegas asesoradas por Galicia Bilingüe levarán a Xunta aos tribunais para reclamar un ensino integramente na súa lingua materna para os seus fillos, alumnos do primeiro ciclo de primaria (6 e 7 anos).
Fonte: El Correo Gallego
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) volveu resucitar a súa iniciativa para reformar o Regulamento do Congreso dos Deputados co fin de garantir “canto antes” o uso do catalán, o éuscaro e o galego na Cámara Baixa.
Fonte: El Mundo
Lanzouse o primeiro xogo para iPhone en lingua galesa que poderá descargarse de iTunes e cuxos contidos están totalmente en galés. O lanzamento do xogo prodúcese despois da publicación dun curso de aprendizaxe da lingua galesa creado polo profesor Chris Price da Universidade de Aberystwyth.
Fonte: Wales Online
A canle de noticias da Televisió de Catalunya (TVC) 3/24 emitirá as noticias da noite en lingua de signos, ofrecendo así máis de tres horas semanais nesta lingua.
Fonte: Europa Press
Aínda que en certos ámbitos se poidan cualificar coma insuficientes, o certo é que tanto desde os distintos concellos da provincia de Castelló como desde diversas asociacións culturais se ofrecen multitude de programas e actividades relacionados co uso do valenciano.
Fonte: Las Provincias
A nova conselleira de Ensino da Generalitat de Catalunya, Irene Rigau, explicou que, en materia de política lingüística nas escolas, despregará a Lei de educación de Cataluña (LEC), unha normativa que "consagra" o catalán como lingua vehicular.
Fonte: Europa Press
O presidente de Paraguai, Fernando Lugo, deu o visto e prace á Lei de linguas, último requirimento necesario para a oficialización do novo instrumento legal. Entre outras cousas, a Lei de linguas ten como un dos seus obxectivos establecer as modalidades de utilización das linguas oficiais (castelán e guaraní) da República de Paraguai.
Fonte: Última Hora
Chile, Perú e Bolivia participarán no programa aimará, un proxecto que busca a salvagarda deste idioma e das manifestacións culturais desas poboacións.
Fonte: Los Tiempos
A Academia Canaria da Lingua investigará a singularidade do español que se fala en La Gomera e reunirá palabras que garda a illa, segundo se informa desde a área de Cultura do Cabido.
Fonte: Europa Press
A primeira fase do 'Corpus do español do século XXI', en cuxa elaboración colabora a Fundación Comillas, está previsto que conclúa este ano trala compilación de textos de diversa índole producidos desde o ano 2000 ata a actualidade.
Fonte: 20minutos
Subscríbase ao boletín