A Universidade de Calgary na provincia canadense de Alberta e os membros de goberno da Nación Indíxena Tsuu t'ina comezaron a desenvolver un programa para preservar a lingua tsuu t'ina que está actualmente ao bordo da extinción.
Fonte: Toronto Sun
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Universidade de Calgary na provincia canadense de Alberta e os membros de goberno da Nación Indíxena Tsuu t'ina comezaron a desenvolver un programa para preservar a lingua tsuu t'ina que está actualmente ao bordo da extinción.
Fonte: Toronto Sun
Un informe da Ofsted (Oficina de Normas de Educación do Reino Unido) mostra un acusado descenso do número de alumnos que estudan linguas estranxeiras a partir dos 14 ou 16 anos e indica, ademais, que as clases de francés, alemán e español quedan reducidas a miúdo a técnicas de aprendizaxe de memoria destinadas a preparar os alumnos para os exames.
Fonte: The Telegraph
O proxecto Medi Terra, unha colaboración entre tres pequenas editoriais de Córsega, Sardeña e Cataluña, ten como obxectivo achegar as literaturas corsa, sarda e catalá mediante a publicación simultánea de obras orixinais nas linguas de cada un destes lugares.
Fonte: La Mañana
Ciutadans anunciou que ofrecerá asesoramento legal aos pais que desexen pedir ás escolas ou ao Departamento de Ensino da Generalitat de Catalunya que a lingua vehicular sexa tanto a castelá como a catalá, de acordo co que sinala unha sentenza do Tribunal Supremo.
Fonte: ADN
O Parlamento de Galicia ofrecerá no primeiro trimestre de 2011 un curso de galego co obxectivo de contribuír a perfeccionar a produción oral e incrementar a eficacia da expresión dos deputados, mediante o reforzo da comprensibilidade e a fluidez discursiva.
Fonte: El Progreso
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades vén de publicar novos materiais inéditos que afondan na figura e na obra de Uxío Novoneyra.
Fonte: Xunta de Galicia
O vicedirector da Real Academia Española, José Antonio Pascual, criticou na Universidade de Salamanca a “falta de claridade" da linguaxe administrativa e o uso inadecuado que se fai das palabras técnicas por parte dos profesionais cando non falan con colegas.
Fonte: ABC
Un total de 14 concellos galegos acollerá durante esta semana múltiples actividades de Bocaberta, o programa co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca promover o uso do galego entre os rapaces e as rapazas de 3 a 18 anos.
Fonte: Xunta de Galicia
"As linguas indo-portuguesas: ¿que futuro?" é o tema dunha conferencia pronunciada por Hugo Cardoso, do departamento de Portugués da Universidade de Macau, que terá lugar no Museu do Oriente de Lisboa.
Fonte: Diário Digital
A pesar de que o maia é unha das linguas máis faladas en México, con 1,4 millóns de falantes en 2005, os estereotipos da sociedade mestiza cara ao indíxena e a falta de oportunidades para quen adoita empregar linguas nativas como o maia, son dous dos factores que puxeron este idioma nun proceso de substitución lingüística.
Fonte: El Porvenir
Subscríbase ao boletín