O portavoz de CiU no Congreso, Josep Antoni Duran Lleida, puxo en cuestión que as comunidades autónomas sen unha lingua propia diferente do castelán dispoñan dunha canle de televisión específica.
Fonte: ABC
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O portavoz de CiU no Congreso, Josep Antoni Duran Lleida, puxo en cuestión que as comunidades autónomas sen unha lingua propia diferente do castelán dispoñan dunha canle de televisión específica.
Fonte: ABC
Os actos xurídicos en galego reducíronse á metade entre 2009 e 2010 tras pasar de 57.011 a 30.334, respectivamente, segundo denuncia a Mesa pola Normalización Lingüística, que achaca a caída rexistrada á "discriminación" e trato "deficiente e irregular" que sofren os falantes de galego desde a Administración de Xustiza.
Fonte: Europa Press
A pesar da gran mobilidade da poboación que existe hoxe e da incorporación á Comunidade Valenciana de novos cidadáns procedentes doutras autonomías e outros países, o valenciano estase adaptando ben a esta nova situación propia dunha sociedade moderna.
Fonte: La Razón
Google lanzou unha aplicación que permite que un teléfono móbil traduza unha conversa ao momento. Os usuarios que falan cun dispositivo que teña Android, o sistema operativo de Google, escoitarán as súas palabras traducidas noutra lingua, e a conversa da outra persoa traducirase á lingua orixinal.
Fonte: The Telegraph
A Asociación Nacional pola Liberdade Lingüística (ANNL) realizou un estudo detallado sobre o uso do castelán nas páxinas web dos concellos situados nas comunidades en que existe máis dunha lingua oficial. O resultado foi demoledor: 868 municipios non ofrecen aos seus veciños unha versión da súa web en castelán.
Fonte: Libertad Digital
A Embaixada da India en Kuwait organizou un acto para celebrar o Día Internacional do Hindi, no marco dos seus esforzos para promover a lingua e o seu uso.
Fonte: Deccan Herald
A Axencia de Noticias de Portugal (Agência Lusa) e a Radio e Televisión de Portugal (RTP) asinan un protocolo para desenvolver unha plataforma electrónica común de intercambio entre os falantes de lingua portuguesa co fin de crear unha marca global de información en portugués.
Fonte: Rádio Batalha
A Junta de Andalucía oferta para este curso 2010-2011 un total de 9.000 prazas para a realización de estancias formativas e intercambios escolares no estranxeiro para mellorar a aprendizaxe de idiomas (inglés, francés e alemán) do alumnado andaluz de ESO, bacharelato e ciclos formativos.
Fonte: ABC
A escolarización en valenciano sobe en todos os niveis, aínda que é a educación secundaria obrigatoria (ESO) a que máis crece, ao pasar en dez anos do 10,81 % dos alumnos matriculados no curso 1998 a un 26,02 % no 2007/2008. Isto despréndese do informe "O libro branco do ensino secundario" dado a coñecer recentemente. Nel tamén se indica que 35 institutos públicos menos ensinan esta lingua, aínda que o número de grupos aumenta en 1.468 máis (o 21,7 %). "Menos centros teñen máis grupos en valenciano", subliña o "Libro branco".
Os alumnos da Universidade de Santiago que elaboren os seus traballos académicos, os proxectos de fin de carreira ou os proxectos de fin de grao en galego teñen unha nova oportunidade de tomar parte nos premios á calidade e á excelencia lingüística da Universidade.
Fonte: La Voz de Galicia
Subscríbase ao boletín