Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de xaneiro de 2011

    O caso irlandés é excepcional en toda Europa, xa que a media europea de alumnos de educación primaria que estuda outra lingua na escola é do 79 %, fronte ao 98 % en España e o 69 % no Reino Unido.

    Fonte: Infancia Hoy

    05 de xaneiro de 2011

    Aínda que o Ministerio de Educación portugués estableceu que as novas regras ortográficas da lingua portuguesa entrarán en vigor o próximo ano académico, aínda non se están a producir manuais en braille adaptados ao novo acordo ortográfico, segundo afirma a Asociación de Cegos e Ambliopes de Portugal (Acapo).

    Fonte: Rádio Renascença

    05 de xaneiro de 2011

    A Consellería de Educación da Comunidade Valenciana poñerá en marcha o bacharelato mixto español-francés durante o próximo curso 2011-2012, unha modalidade que permitirá obter a dobre titulación aos estudantes que a superen con éxito.

    Fonte: ABC

    05 de xaneiro de 2011

    O director xeral de Ordenación e Centros Docentes da Comunidade Valenciana, Rafael Carbonell, manifestou que "se inscribiron 13 centros da comunidade (oito de Valencia e cinco de Alacant) na convocatoria da acción formativa específica denominada Introdución á lingua e á cultura chinesa dirixida a alumnos de 3º e 4º de ESO e a alumnos de bacharelato e formación profesional".

    Fonte: Europa Press

    05 de xaneiro de 2011

    O programa Bocaberta, co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca fomentar o uso da lingua galega entre os rapaces e rapazas dos 3 aos 18 anos, inicia o ano ao ritmo da mellor música en galego.

    Fonte: Xunta de Galicia

    04 de xaneiro de 2011

    O presidente da Asociación Nacional pola Liberdade Lingüística (ANLL), Pablo Yáñez González, mostrou o seu rexeitamento á proposta de Aralar para que o éuscaro se converta en lingua oficial no Condado de Treviño, e instou o PP e o PSOE de Castela e León a manter o actual status lingüístico no enclave burgalés.

    Fonte: Diario Vasco

    04 de xaneiro de 2011

    O Senado estreará no primeiro pleno deste período de sesións, os próximos 18 e 19 de xaneiro, o uso das linguas cooficiais no debate das mocións, que terá un custo en traducións de 11.950 euros por sesión.

    Fonte: ABC

    04 de xaneiro de 2011

    A páxina web de Paradores de Turismo xa está dispoñible en galego e os usuarios poderán ler a información actualizada sobre a compañía, así como as novidades no mundo da gastronomía ou as ofertas da xeografía española no idioma propio da comunidade galega.

    Fonte: Europa Press

    03 de xaneiro de 2011

    Nunha viaxe cara ao sueste do país nun momento de tensións acerca da cuestión kurda, o presidente reiterou que a lingua oficial de Turquía é o turco, pero afirmou que as outras linguas que se falan no país tamén son "linguas de Turquía".

    Fonte: Hurriyet Daily News and Economic Review

    03 de xaneiro de 2011

    Irmandade Xurídica Galega considera que se avanzou de forma notable no uso do galego no ámbito da xustiza ao longo dos últimos trinta anos, malia que hoxe en día aínda "é pouca a súa utilización".

    Fonte: El Correo Gallego

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder