O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación do libro Avó, cóntame aquel de... da autora María del Carmen Seijas López onde puxo en valor a importancia da tradición oral nesta recompilación de contos infantís en galego.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Concello de Ames presentou a sétima edición dos Premios Lingua e Empresa, unha iniciativa para incentivar o uso do galego no sector empresarial local e promover a normalización lingüística. Os premios recoñecen tanto as empresas cun uso consolidado do galego como as de recente creación que apostan polo idioma, con dous galardóns de 1500 euros cada un e unha campaña en Ames Radio.
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu no Museo do Mar de Galicia ao acto de entrega dos Premios Xerais 2024. As obras Detective Ferruchi, I’m Obélix e Milú e o edificio das persoas extraordinarias resultaron gañadoras do XLI Premio Xerais de Novela, o XVI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e o XXXIX Premio Merlín de Literatura Infantil. As autoras dos textos son Marta Villar, Raquel Fernández Fernández e Abel Tomé, respectivamente.
Ross Perlin, lingüista dedicado ao estudo das linguas minorizadas e en perigo, quere embarcarse no ambicioso proxecto de cartografar as comunidades lingüísticas dunha das cidades máis multiculturais e multilingües do mundo: Londres.
Fonte: The Guardian
Representantes de ambos os executivos mantiveron un encontro en Pamplona para afondar nos desafíos e colaboracións conxuntas arredor do éuscaro e destacaron a necesidade de promover o uso desta lingua entre as novas xeracións a través do impulso de proxectos transfronteirizos e estruturas como o Hiruko Ituna. Este acordo aspira a potenciar a política lingüística e a diversidade cultural, con especial atención á mocidade e ás novas tecnoloxías.
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, representada no seu secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no cemiterio caldense de Eirín no acto conmemorativo do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia "En galego, agora e sempre".
Os Premios Folgueira que entrega a asociación Axuntar, recoñecen publicamente as iniciativas, persoas ou institucións que traballan a prol da dignificación do galego. Durante o acto de entrega dos galardóns deste ano, que se celebrará en Castropol, presentarase o III Informe sobre a lingua del Eo-Navia.
A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia as datas para a realización dos exames que permiten obter os certificados oficiais que acreditan o coñecemento da lingua galega e que se celebrarán entre o 16 e o 24 de novembro en Santiago de Compostela e Ponferrada.
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, colaboran unha edición máis no concurso sobre o Día das Letras Galegas dirixido aos centros de ensino público non universitario e que de cara ao ano que vén versará sobre as cantareiras e a poesía popular.
Un estudo da Unión Europea revela que a maior parte dos cidadáns europeos entre 24 e 64 anos afirman coñecer unha lingua estranxeira e o 28 % din dominala.
Fonte: Eurostat
Boletín
Subscríbase ao boletín




