Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de novembro de 2024

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou nas homenaxes feitas ao autor Xosé Neira Vilas coincidindo coa celebración do 96 aniversario do seu nacemento. Nos actos, que se levaron a cabo na sede da Fundación que leva o seu nome, fíxose unha lectura continuada de Memorias dun neno labrego, unha das obras máis universais da literatura galega e, de feito, a máis traducida e editada.

    01 de novembro de 2024

    O Concello de Lugo creou a "Alianza Lugo pola Lingua", unha iniciativa para reverter o preocupante descenso no uso do galego, especialmente entre a mocidade. Con preto de 70 colectivos implicados, a concelleira Maite Ferreiro expuxo un decálogo de medidas para promover o galego en diversos ámbitos e insta a Xunta a modificar a súa política lingüística.

    01 de novembro de 2024

    A cidade de Helsinqui celebra a Semana Sueca cun gran número de eventos e iniciativas que promocionan a cultura e o patrimonio en lingua sueca da capital finlandesa.

    Fonte: City of Helsinki

    01 de novembro de 2024

    Un estudo da Universidade de Gotemburgo e do Instituto Karolinska de Estocolmo revela que unha alta porcentaxe dos nenos que son diagnosticados con epilepsia presentan dificultades coas linguas e isto evidencia a necesidade de realizar estudos que analicen as capacidades lingüísticas.

    Fonte: University of Gothenburg

    31 de outubro de 2024

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participaron na presentación das máis de 40 actividades impulsadas pola Xunta de Galicia para celebrar en novembro o Mes da ciencia en galego na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia xestionadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, así como nas dos centros educativos.

    31 de outubro de 2024

    O Consello de Goberno acordou prorrogar o convenio con HABE para garantir a formación en éuscaro nas prisións vascas durante 2025, cunha dotación de 100 000 euros. Este acordo permitirá organizar e supervisar os cursos en formato presencial e de autoaprendizaxe para as persoas privadas de liberdade.

    31 de outubro de 2024

    A campaña impulsada por We are Family en Madrid busca concienciar sobre a “fenda lingüística” entre xeracións e destacar a rápida evolución da linguaxe. Cunha forte acollida na rúa e en redes sociais, a iniciativa chama á reflexión sobre a necesidade de comprender as novas formas de comunicación e, sobre como, o idioma pode adaptarse e servir como ponte para conectar xeracións.

    31 de outubro de 2024

    A Xunta garantiu os recursos necesarios para a constitución e posta en funcionamento da futura Fundación do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, entidade que estará presidida polo Parlamento de Galicia e que contará coa participación do Executivo autonómico, do Concello e da Arquidiocese de Santiago.

    31 de outubro de 2024

    O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, destacou que a Xunta de Galicia contará o vindeiro ano cun incremento de máis do 30 % na partida destinada a accións de dinamización da lingua galega. Así o anunciou na Comisión 3º do Parlamento de Galicia, onde compareceu para presentar os orzamentos do seu departamento para 2025.

    30 de outubro de 2024

    Un informe elaborado pola catedrática Tiina Onikki-Rantajääskö recomenda que o Goberno de Finlandia non permita que o inglés se converta na única lingua de instrución nas universidades finlandesas.

    Fonte: Research Professional News

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder