Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de novembro de 2024

    O Ministerio de Cultura de Guatemala organiza a celebración dun festival de lectoescritura para promover o ensino e uso da lingua uspanteca. O evento forma parte da iniciativa para fortalecer o uso das linguas indíxenas de Guatemala.

    Fonte: Agencia Guatemalteca de Noticias 

    05 de novembro de 2024

    O Congreso acordou reservar prazas específicas na Administración de Xustiza do País Vasco nas que o éuscaro será un requisito, co obxectivo de reducir a temporalidade ata un 8 % nestes postos, o que permitirá exixir un nivel de coñecemento nesta lingua nas prazas singularizadas por razón de idioma. Esta medida mellorará a atención á cidadanía vasca e garantirá o dereito de expresarse en éuscaro.

    05 de novembro de 2024

    O Goberno vasco incrementará o seu orzamento de cultura en 2025 para impulsar o uso do éuscaro. Entre as partidas principais, destinaranse 119,7 millóns a EiTB para consolidala como referente informativo nesta lingua e promoverase a súa aprendizaxe gratuíta en todos os niveis.

    05 de novembro de 2024

    O Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo, creado polo Concello, presenta o programa formativo para o ano lectivo 2024-2025, que inclúe un curso de improvisación oral en verso e outro de narración oral/contacontos que se impartirán no Verbum.

    Fonte: Concello de Vigo

    05 de novembro de 2024

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación do libro A Bela Otero de Miguel Ángel Martínez Coello onde salientou o traballo de investigación realizado polo autor sobre a vida desta artista que naceu en Valga no ano 1868.

    04 de novembro de 2024

    O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal confirmou que, segundo se estipula nos orzamentos do Estado para 2025, o Camões – Instituto da Cooperación e da Lingua contará cunha partida de 39 millóns para a promoción da lingua portuguesa.

    Fonte: O Minho

    04 de novembro de 2024

    A consideración de Bruxelas como unha das capitais da Unión Europea e a chegada de migrantes de diversas partes do mundo son dous factores que están a converter este país, de maneira paulatina, nunha nación plurilingüe onde o inglés está a gañar cada vez máis relevancia.

    Fonte: Euro Weekly News

    04 de novembro de 2024

    A segunda edición de L’Aferrada, organizada pola Obra Cultural Balear, celébrase en Palma para reunir creadoras e creadores de contido en catalán, cunha programación ampliada respecto ao ano pasado. O evento incluirá charlas, debates e espazos de colaboración para impulsar a profesionalización no ámbito dixital e a presenza do catalán nas redes.

    04 de novembro de 2024

    A Academia da Lingua Asturiana celebra a 42ª edición das Xornadas Internacionais de Estudo en Oviedo, con actividades como conferencias de especialistas en lingüística e cultura, ademais de comunicacións e presentacións sobre temas como toponimia e sociolingüística.

    04 de novembro de 2024

    O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, defendeu a importancia de incrementar a presenza do galego na tecnoloxía e nos espazos dixitais de lecer que emprega a mocidade “como un xeito do máis eficaz para potenciar o uso da nosa lingua entre a xente máis nova”.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder