Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de outubro de 2024

    O prazo para solicitar subvencións que fomenten o uso do éuscaro en comercios, hostalería e empresas remata o 31 de outubro. O concello ofrece axudas de ata o 60 % para deseñar sitios web, publicidade ou material como bolsas e facturas en éuscaro, cun máximo de 600 ou 360 euros, segundo o caso. Tamén subvencionan o 50 % dos rótulos externos e o 100 % do custo de programas informáticos en éuscaro, cun tope de 600 euros.

    23 de outubro de 2024

    O eurodeputado luxemburgués Fernand Kartheiser, do Partido Reformista da Alternativa Democrática (ADR, polas súas siglas en luxemburgués), reivindicou cun discurso en lingua luxemburguesa o dereito da cidadanía de Luxemburgo de ver recoñecido o seu idioma como oficial na UE.

    Fonte: Contacto

    23 de outubro de 2024

    O Goberno de Francia quere acelerar a implementación de novos requisitos de coñecemento de francés para que as persoas estranxeiras obteñan a nacionalidade francesa.

    Fonte: The Local

    23 de outubro de 2024

    A CRTVG producirá 12 novos proxectos en galego, cunha achega de 300 000 euros. Estes contidos abranguen áreas diversas como divulgación, entretemento e cultura, e están deseñados para o ámbito dixital. Serán emitidos a través de plataformas como AGalega.gal e Xabarin.gal, dirixidos tanto ao público infantil como a audiencias máis específicas.

    23 de outubro de 2024

    As universidades da Xarxa Vives adheríronse ao portal Compendium.cat, promovido polo Consello da Avogacía Catalá, co obxectivo de fomentar o uso e mellorar a calidade do catalán xurídico. A adhesión formalizouse nun acto na Universidade de Barcelona, no que se destacou o valor deste proxecto para incrementar a presenza do catalán na xustiza.

    23 de outubro de 2024

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, achegouse a Chantada para acompañar a veciñanza na xornada de captación de voces galegas no marco do Proxecto Nós impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e que neste caso contou coa colaboración do concello lucense.

    23 de outubro de 2024

    O Xuventude Crea acada este ano a maior cifra de participación das súas 15 edicións, con 627 persoas inscritas. O certame, organizado pola Xunta de Galicia para impulsar o talento creativo da mocidade en moi diversas disciplinas, dobra así o número de mozos e mozas que tomaron parte na convocatoria do ano pasado, un total de 337.

    22 de outubro de 2024

    A Secretaría de Políticas Lingüísticas e o Ministerio de Educación e Ciencia de Paraguai fixeron o lanzamento oficial de dous libros importantes para a salvagarda das linguas indíxenas: o Dicionario trilingüe qom/castelán/guaraní e a Gramática Qom.

    Fonte: Agencia de Información Paraguaya

    22 de outubro de 2024

    A Comisión de Cultura e Patrimonio Cultural do Congreso da República do Perú aprobou o recoñecemento das linguas indíxenas nos procesos de selección que dean acceso a empregos públicos.

    Fonte: Congreso de la República

    22 de outubro de 2024

    A Deputación Foral reforza o programa BIKEE para fomentar o uso do éuscaro no deporte escolar mediante un novo decálogo lingüístico e o uso de brazaletes identificativos para árbitras e árbitros. O Athletic Club e o Bilbao Basket únense a esta iniciativa para promover o éuscaro entre a mocidade. O programa busca normalizar o uso do idioma nas actividades deportivas a través de compromisos que implican toda a comunidade, desde deportistas e clubs ata familias e público dos partidos.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder