Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de outubro de 2024

    Ambas as entidades asinaron un convenio de colaboración para 2024, cunha achega de 2600 euros destinada a actividades de normalización lingüística. Este acordo busca promover a cultura local e a lingua valenciana e financiará eventos como as Trobades d’Escola en Valencià, o Concurso Literario Sant Jordi, o Outubro Cultural e a campaña de Nadal.

    17 de outubro de 2024

    A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) anuncia a sexta edición dos Premios Mil Primaveras, destinados a recoñecer proxectos que promovan e poñan en valor o uso do galego, coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Os premios, creados en 2019, buscan visibilizar boas prácticas en normalización lingüística e inspirar novas accións.

    17 de outubro de 2024

    A Secretaría Xeral de Medios da Xunta resolveu a convocatoria de axudas destinadas a empresas que realizan publicacións periódicas escritas integramente en galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    16 de outubro de 2024

    Un estudo elaborado na Universidade de Xeorxia (EUA) revelou datos interesantes sobre a reacción dos primeiros lectores con libros escritos en dúas linguas.

    Fonte: Phys.org

    16 de outubro de 2024

    Os plans de accións Ofercat buscaban promover o uso do catalán no comercio en Sant Cugat e Cerdanyola do Vallès a través de accións formativas e informativas, dirixidas a mellorar a atención á clientela nesta lingua. Segundo o estudo de 2023, houbo unha lixeira diminución no seu uso, malia que mellorou a disposición dos comerciantes a usar o catalán cando a clientela llo solicita.

    16 de outubro de 2024

    A Universidade de Barcelona reforza o seu compromiso coa integración do alumnado internacional mediante o Plan de acollida de lingua e cultura catalá, activo desde 2022. Este plan ofrece cursos intensivos e extensivos de catalán, cuxo número de participantes superou as mil persoas no curso 2023-2024, cando alcanzou un récord histórico. Ademais, organiza actividades culturais como o CATclub, que combina a aprendizaxe da lingua coa inmersión na cultura catalá.

    16 de outubro de 2024

    O informe de 2023 do servizo Elebide recolle que se tramitaron 176 incidencias por vulneración de dereitos lingüísticos, o número máis baixo nos últimos seis anos. A maioría das queixas referíase á imposibilidade de utilizar o éuscaro, especialmente no ámbito público, en sectores como a Administración xeral e local. As queixas restantes correspondían ao ámbito privado, en sectores como servizos e comercio.

    16 de outubro de 2024

    O secretario xeral da Lingua, Valentín García, incidiu en que “estamos nunha sociedade en constante cambio, o que leva consigo tamén mudanzas sociais que involucran a lingua, presente en todos os ámbitos da vida, como no que ten que ver coas crenzas ou as tradicións”. Así o destacou durante a súa participación na inauguración dos XXVI Encontros para a Normalización Lingüística que organiza o Consello da Cultura Galega, co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

    16 de outubro de 2024

    O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou no acto conmemorativo do 70 aniversario da inauguración da estatua en homenaxe a Rosalía de Castro na cidade de Porto, onde destacou que a obra da autora galega transcendeu fronteiras, sendo un exemplo de irmandade entre os pobos galego e portugués, unidos por unha historia, cultura e lingua compartidas.

    16 de outubro de 2024

    A  Xunta de Galicia homenaxeará a Ledicia Costas co Día das Escritoras como “xusto recoñecemento pola súa difusión da lingua e literaturas galegas dentro e fóra de Galicia”. Deste xeito, o 17 de outubro, a Cidade da Cultura acolle un acto aberto ao público, nunha conversa guiada pola xornalista e tamén autora María Solar.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder