A Axencia de Integración de Flandres revelou que no último ano medrou exponencialmente o número de persoas que estudan neerlandés nesta rexión belga.
Fonte: The Brussels Times
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Axencia de Integración de Flandres revelou que no último ano medrou exponencialmente o número de persoas que estudan neerlandés nesta rexión belga.
Fonte: The Brussels Times
A Plataforma per la Llengua organizará tres seminarios en Mallorca durante o 2024 para fortalecer os discursos en defensa do catalán. Abordarán a situación da lingua nos ámbitos da saúde, o turismo e a imposición lingüística, co foco no caso do catalán. Os seminarios celebraranse o 25 de outubro, 15 de novembro e 13 de decembro. A entidade reivindica o dereito á atención sanitaria en catalán e alerta sobre o impacto lingüístico do turismo.
A Consellería de Educación do Principado convocou a primeira edición dos premios extraordinarios ao coñecemento da lingua asturiana e do eonaviego, dirixidos a estudantes de 3º e 4º de Secundaria e de 1º e 2º de Bacharelato. Haberá un premio por cada etapa e lingua, cunha dotación de 800 euros, ademais dun accésit de 400 euros para lingua asturiana. As probas incluirán comprensión e produción de textos orais e escritos, e a fase final terá lugar o 26 de novembro.
O Concello de Ames presenta a quinta edición do certame Galetiktokers, dirixido á mocidade, para promover a creación de contido audiovisual en galego nas redes sociais. Os participantes, de entre 13 e 35 anos, poden optar a premios por un total de 1800 euros. O concurso busca fomentar o uso do galego entre a xuventude, especialmente en espazos dixitais como TikTok e Instagram. As pezas audiovisuais deben ser en galego e poden tratar temas libres, co obxectivo de visibilizar e valorizar o idioma.
O Servizo de Normalización Lingüística da USC organiza en Instagram o certame #cambiaatúamirada, dirixido ao alumnado de Veterinaria, co obxectivo de fomentar unha actitude positiva cara á cidade de Lugo e á cultura e a lingua galegas. A través desta iniciativa, que inclúe un sorteo de pixamas veterinarios, búscase promover o uso do galego no ámbito universitario. As persoas participantes deben seguir o perfil @linguausc e colaborar na difusión das mensaxes da campaña.
O Parlamento de Dinamarca prohibe que unha deputada faga un discurso exclusivamente en groenlandés. Con esta acción, a deputada reivindica o uso da súa lingua materna e a introdución dun servizo de interpretación simultánea entre a súa lingua e o dinamarqués.
Fonte: Diari de la Llengua
En colaboración coa BBC Radio Cymru e o Centro Nacional para a Aprendizaxe do Galés, a canle de televisión de fala galesa S4C participará na Semana dos Falantes de Galés que celebra a incorporación de novos falantes á lingua galesa.
Fonte: Nation Cymru
O xurado do Premio Otero Pedrayo, impulsado pola Xunta de Galicia e as catro deputacións provinciais, vén de fallar o galardón deste 2024 a favor da Coral de Ruada. Na xuntanza, na que participaron o secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M.
A comisaria da Lingua Maorí, Rawinia Higgins, alertou que as medidas do Goberno de Nova Zelandia en contra do uso da lingua maorí poden pór en risco a súa supervivencia.
Fonte: The Guardian
A Consellería de Cultura, Política Lingüística e Deporte de Asturias convocou a primeira edición do premio de Guión Cinematográfico en lingua asturiana e eonaviego, cunha dotación de 6000 euros. O obxectivo é apoiar a creación audiovisual nestas linguas e fomentar o repertorio de producións en Asturias. As candidaturas, que deben ser obras orixinais e inéditas, poderán presentarse ata o 29 de outubro.
Subscríbase ao boletín