Un informe elaborado polo Consello de Europa recoméndalles ás autoridades da Illa de Man que amplíe o ensino do gaélico manés no ensino infantil e primario.
Fonte: Isle of Man Today
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un informe elaborado polo Consello de Europa recoméndalles ás autoridades da Illa de Man que amplíe o ensino do gaélico manés no ensino infantil e primario.
Fonte: Isle of Man Today
O investigador neerlandés Bas van Boekholt, da Universidade de Osnabrück, demostrou que os chimpancés son capaces de inventar o seu propio código de lingua de signos.
Fonte: Dutch News
A actual coordinadora do Departamento de Linguas e Cultura da Universidade de São José de Macao, Tânia Ribeiro Marques, asegurou que a excolonia portuguesa conta coas infraestruturas e os profesionais necesarios para converterse no principal centro de ensino do portugués en toda Asia.
Fonte: Plataforma Media
A TVG2 estrea Gardiáns da Noite, a versión dobrada ao galego de Kimetsu no Yaiba, que tamén estará dispoñible na plataforma Xabarín.gal. Esta emisión busca revitalizar o uso do galego nos contidos xuvenís, seguindo o camiño de éxitos como Dragon Ball ou Doraemon. A TVG procura conectar cunha nova audiencia e fomentar a normalización lingüística a través de series actuais de alta calidade.
A Consellería de Educación, Cultura, Universidades e Ocupación, en colaboración con À Punt Media, presentou novos materiais para a plataforma "Apunts de Llengua", dirixidos ao profesorado de diversas etapas educativas. Os contidos, dispoñibles en valenciano e inglés, facilitan o ensino e aprendizaxe a través de recursos dixitais, como vídeos, audios e actividades autocorrectivas. A iniciativa, financiada pola Generalitat, busca fomentar competencias lingüísticas e conta cunha dotación de 600 000 euros.
O programa de Cinema Infantil en Catalán (CINC), impulsado polo Departamento de Política Lingüística, reactivouse en outubro con 185 proxeccións en 28 localidades de Cataluña e 2 da Franja de Aragón. O obxectivo é promover o consumo de cine en catalán, mediante reestreas a prezos reducidos. A programación inclúe filmes dobrados grazas ao apoio do Departamento, e contará coa colaboración de diferentes entidades e concellos.
A Deputación da Coruña abriu unha convocatoria de subvencións para financiar o persoal técnico de normalización lingüística no ano 2025. Esta axuda está dirixida a concellos con máis de 5000 habitantes ou a agrupacións que alcancen esa cifra. No caso dos grandes municipios, só poderán optar os que conten con máis dun perfil técnico recoñecido no seu cadro de persoal.
A Xunta confía en acadar pronto o consenso político ao redor do Pacto pola Lingua proposto aos grupos parlamentarios entre as medidas de impulso do galego porque “sería unha boa nova no relativo á percepción da poboación con respecto ao seu uso”.
O Euskaltegi de Durango lanza de novo o programa Berbalagun co obxectivo de fomentar o uso do éuscaro no día a día. Esta iniciativa ofrece a oportunidade de practicar a lingua nun ambiente relaxado e ameno, a través de grupos de conversación e diversas actividades como talleres, excursións, charlas e clubs de lectura. Ademais, inclúe grupos específicos para o uso do éuscaro en contornos laborais ou sociais.
Ambas as entidades asinaron un convenio de colaboración para 2024, cunha achega de 2600 euros destinada a actividades de normalización lingüística. Este acordo busca promover a cultura local e a lingua valenciana e financiará eventos como as Trobades d’Escola en Valencià, o Concurso Literario Sant Jordi, o Outubro Cultural e a campaña de Nadal.
Subscríbase ao boletín