Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de xullo de 2009

    A Generalitat de Catalunya e 14 concellos puxeron en marcha un plan piloto para ensinarlles catalán a nenos e nenas de orixe estranxeira que o precisen para garantir a súa incorporación ao sistema educativo e á sociedade. As clases formarán parte da oferta de verán de entidades como os centros municipais e incluirán actividades de lecer.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    17 de xullo de 2009

    A conselleira de Educación e Ciencia, María Ángeles García, anunciou que, cando se cumpren dous anos de lexislatura, superouse o compromiso do presidente rexional, José María Barreda, de triplicar o número de centros bilingües en Castela-A Mancha.

    Fonte: Lanzadigital

    17 de xullo de 2009

    A cidade macedonia de Gostivar comezará a utilizar o turco como lingua oficial, ademais do macedonio e o albanés. Un anteproxecto de lei presentado por membros do Partido Democrático Turco de Macedonia foi aceptado por unanimidade polo Concello de Gostivar e a lei fixo o turco oficial dentro dos límites da cidade de Gostivar.

    Fonte: TurkNet

    17 de xullo de 2009

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, afirmou que desde Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria están “completamente decididos a potenciar a lingua galega a través dos novos recursos tecnolóxicos”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    16 de xullo de 2009

    Un proxecto de lei pendente no Congreso dos Estados Unidos podería aumentar considerablemente as clases de chinés mandarín para estudantes estadounidenses. A medida, a Lei de compromiso dos Estados Unidos coa lingua chinesa, concederíalles axudas en réxime de concorrencia ás escolas para "establecer, ampliar ou mellorar" as clases de lingua e cultura chinesas.

    Fonte: Examiner

    16 de xullo de 2009

    O primeiro informativo en lingua leonesa que emite a televisión denomínase “Xornal Informativu en Llingua Llïonesa” e conta desde o mes de xullo cun espazo propio en Televisión Castilla y León. O informativo emitirase os sábados ás 20.15 horas e os luns ás 10.30 horas pola canle número 8 e terá dez minutos de duración.

    Fonte: Leonoticias

    16 de xullo de 2009

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou no concello coruñés de Carballo na inauguración do V Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística ‘Traballando en Lingua’, no que se analizarán o compromiso e os argumentos para a defensa e promoción do galego.

    Fonte: Xunta de Galicia

    16 de xullo de 2009

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, recibiu os responsables da política lingüística das universidades galegas. Na reunión tratáronse os principais proxectos que se están a desenvolver nos servizos de normalización universitarios de Santiago, A Coruña e Vigo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    15 de xullo de 2009

    Algúns lingüistas de Finlandia están preocupados pola introdución de palabras inglesas na lingua finlandesa. Temen que poida ofender os finlandeses que non dominan o inglés e crear desigualdades, especialmente nos servizos públicos.

    Fonte: YLE

    15 de xullo de 2009

    Os curas queren apoiar o Manifesto a prol da convivencia lingüística e da igualdade de dereitos para o galego, que representa que "o pobo galego ten dereito a que a súa lingua propia orixinaria sexa oficial para todos os efectos no seu ámbito territorial, e que os usuarios do galego deben gozar no seu territorio do mesmo status legal que o castelán ten no seu".

    Fonte: A Nosa Terra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder