Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de xullo de 2009

    A Xunta Pola Defensa de la Llingua Asturiana considera que o Goberno do Principado está renunciando ao "financiamento que terán todas as comunidades con linguas cooficiais", ao non darlle este recoñecemento ao asturiano.

    Fonte: Radiotelevisión del Principado de Asturias

    15 de xullo de 2009

    O estudo "Usos, actitudes e identidades lingüísticas entre o estudantado universitario" foi elaborado durante o curso 2008-2009 polos servizos lingüísticos das universidades catalás e, por primeira vez, mostra datos globais do sistema universitario catalán.

    Fonte: Universitat de Barcelona

    15 de xullo de 2009

    Un informe publicado recentemente pola Comisión de Asuntos Galeses do Parlamento Británico revélase a favor de transferir as decisións relativas á lingua galesa á Asemblea de Gales en Cardiff.

    Fonte: Eurolang

    14 de xullo de 2009

    O servizo de tradución automática do Instituto Cervantes, que permite traducir textos e páxinas web do español ao catalán, galego, inglés, francés e portugués -e viceversa-, incorporou o éuscaro ás súas linguas de traballo, unha vez superados os desafíos lingüísticos e tecnolóxicos que presenta este idioma.

    Fonte: Diario del Henares

    14 de xullo de 2009

    O Ministerio de Educación de Malta, xunto co seu homólogo español, lanzou un programa de auxiliares de conversación coa intención principal de reforzar o nivel oral de español dos estudantes malteses e tamén de proporcionarlles unha oportunidade aos licenciados de Malta en Lingua Española ou en Tradución e Interpretación para mellorar o seu nivel oral de español.

    Fonte: The Malta Independent

    14 de xullo de 2009

    A Unión de Xuristas polo Asturiano denuncia que o Principado de Asturias convocou un concurso-oposición para o ingreso no Corpo de Mestres no que "as publicacións relacionadas coa especialidade feitas en calquera idioma do mundo (vivo ou morto) poden sumar ata 0,35 puntos no concurso para o acceso ao Corpo de Mestres do Principado de Asturias, pero se a lingua empregada na publicación foi a propia do país, a asturiana, entón a puntuación máxima posible é de 0,15 puntos".

    Fonte: Asturies

    14 de xullo de 2009

    A Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela acaba de liberar dous complementos para o aplicativo Fantasdic que posibilitan o acceso directo aos servizos en liña do Corpus de Mancomún e de Open-Tran.eu.

    Fonte: Código Cero

    14 de xullo de 2009

    A Confederación Estatal de Persoas Xordas e a Universidade Complutense de Madrid asinaron un acordo de colaboración encamiñado ao desenvolvemento de proxectos conxuntos de investigación e formación no ámbito da lingua de signos española para mellorar a accesibilidade das persoas xordas ás aulas.

    Fonte: DeMinorías

    14 de xullo de 2009

    O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, e a súa homóloga portuguesa, Maria de Lurdes Rodrigues, asinaron en Mérida un Memorando de Entendemento para potenciar en ambos os países a aprendizaxe do español e o portugués, ao que se sumou tamén Estremadura.

    Fonte: La Vanguardia

    13 de xullo de 2009

    A Generalitat Valenciana coordina o proxecto BASE (Basic Skills in English for Deaf Adults), cofinanciado pola Comisión Europea, que ten como finalidade facilitar a formación en liña do idioma inglés para as persoas xordas.

    Fonte: El Periòdic

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder