Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de xullo de 2009

    Segundo revela unha sondaxe, a demanda social da práctica e o ensino do crioulo da illa de Reunión é forte. O 61 % das persoas entrevistadas está a favor ao comezo da entrevista e o 71 % móstrase favorable ao finalizar esta. No ano 2000 esta porcentaxe era do 47%.

    Fonte: Témoignages

    09 de xullo de 2009

    Entre as corenta linguas coas que se identifica a poboación senegalesa, 27 delas están en risco de desaparecer pola ausencia de medidas urxentes, segundo informa o Instituto Fundamental da África Negra (IFAN) de Dakar.

    Fonte: Le Quotidien

    09 de xullo de 2009

    Máis de 16.000 alumnos de educación primaria e secundaria participaron durante este pasado curso nos programas organizados pola Área de Éuscaro do Concello de Bilbao nos centros escolares da vila, co obxectivo de fomentar o uso e o coñecemento do éuscaro e convertelo en lingua de comunicación cotiá das futuras xeracións.

    Fonte: Deia

    09 de xullo de 2009

    Un ano máis Bimenes comprométese co asturiano. A XIII Festa da Oficialidade reuniu, como en anos anteriores, a políticos e cidadáns que apostan polo recoñecemento do asturiano como lingua oficial en Asturias.

    Fonte: La Voz de Asturias

    09 de xullo de 2009

    O Consello de Goberno de Asturias aprobou destinar 696.000 euros á contratación do servizo de tradución dos contidos da páxina web oficial do Principado ao asturiano e ao inglés durante os anos 2009 a 2012.

    Fonte: 20minutos

    09 de xullo de 2009

    O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, mantiveron un encontro con membros da Asociación Berciana da Lingua Xarmenta, entre os cales estiveron o seu presidente, Manuel Mañá, e o seu secretario, Rafael Adán.

    Fonte: Xunta de Galicia

    08 de xullo de 2009

    A directora xeral de Política Lingüística do Goberno balear, Margalida Tous, e o conselleiro insular de Cultura, Marià Torres, subscribiron un novo acordo a través do que o Consello eivisenco recibirá 60.000 euros para distintas actuacións en materia de normalización lingüística.

    Fonte: Diario de Ibiza

    08 de xullo de 2009

    As institucións de ensino postsecundario de Canadá deben traballar máis co fin de asegurar que os seus titulados sexan bilingües para axudar a cubrir as vacantes previstas no goberno federal, segundo un informe feito público por unha comisión parlamentaria.

    Fonte: CBCNews

    08 de xullo de 2009

    O conselleiro galego de Cultura, Roberto Varela, amosouse satisfeito do resultado da XI Conferencia Sectorial celebrada en Melilla polo mantemento dos criterios de repartición do fondo de axudas para o fomento do uso das linguas cooficiais distintas ao castelán no audiovisual.

    Fonte: Xunta de Galicia

    08 de xullo de 2009

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística inaugurou o martes 7 de xullo no Centro Cultural da Deputación de Ourense a exposición itinerante “As nosas palabras, os nosos mundos”, que permanecerá aberta ata o próximo día 19.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder